O
Colexio Mariano de Vigo, no seu blog, ensínanos a través de varios vídeos como
podemos facer sementeiros na casa. Despois, unha vez que medren as plantas, como
fixeron Lía, Ero e Rosana pódense elaborar pequenas hortas ecolóxicas, sobre
todo os que tedes xardín ou eira.
Tamén Dana e Adriana plantaron sementes de tomate, cabaciñas, xudías e azafrán en pequenos tarriños reciclados. E Marta e Alba de rúcula, espinacas e cabaza nun pequeniño invernadoiro.
Os
que vivides en pisos, utilizando botellas de plástico, tamén construiredes
pequenas xardineiras nas ventás e
balcóns.
Neste
enlace veredes un vídeo de como, a partir de tomates que teñades na casa,
obteredes a súa planta.
Tamén
podemos facer xerminar as sementes de tomate en cascas de ovos. Neste outro
móstrannos como facelo, ademais de como cultivar áloe, cogombros, sandía,
amorodos, etc. E máis verduras, hortalizas e froitas.
Aquí
temos outro no que ensínannos como conseguir que xerminen pementos en só 5 días, e fannos
algunhas recomendacións para o seu cultivo.
E
por último, neste amosan como xerminar lentellas. Isto mesmo podedes facelo cos
garavanzos, xudías, etc.
No
vídeo utilizan papel de cociña mollado, pero tamén vale usar algodón ou discos
para quitar o maquillaxe.
Unha
vez que teñades as pequenas plantas podedes poñelas na vosa horta ecolóxica, ou os que vivides en pisos en macetas feitas reciclando botellas de auga,
refrescos, deterxentes ou macetas que teñades nas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario