viernes, 8 de abril de 2022

UNHA OLLADA ÁS NOSAS ÁRBORES

Dende a aula de natureza estivemos facendo un seguimento do concurso "Árbore do Ano en España 2022". Vimos cales eran as seleccionadas, comentamos o seu aspecto, opinamos ao respecto e eliximos a nosa favorita. Entre elas había unha galega "O Carballo do Bosque do Banqueta de Conxo" de Santiago de Compostela, que resultou ser a que máis nos gustou

Dende o blog de natureza estivemos animando ás familias para que a votaran, e ao final foi a gañadora pasando a representar a España no concurso "Árbore Europea do Ano 2022" onde quedou segunda.

Todo este seguimento realizámolo porque consideramos que as árbores que nos rodean ofrécennos emocións diarias. Non se escapan, están aí dándonos follas, froitos, sombra, oxíxeno, refuxio para os animais... Son elementos singulares do noso patrimonio, que teñen moitos anos e que podemos tocar e sentir.

Por iso estamos seguras de que nas vosas casas, nos percorridos que facedes polos bosques cos vosos fillos, nas rúas polas que paseades…, haberá algunhas que vos chamen a atención pola súa beleza, tamaño, idade…, ou por ter algunha conexión con vós. Pode que se plantara cando naceron os vosos fillos ou nunha ocasión especial, ser importante por xogar os vosos fillos preto dela, por vela a miúdo ...

Queremos recoller todas estas árbores nun caderno viaxeiro ao que puxemos por título "Unha ollada ás nosas árbores"

Debido ao Covid cada familia levou a súa folla para cubrir e despois, unha vez que teñamos todas, xuntarémolas facendo un libriño por aula. 

Tedes que poñernos de que árbore se trata (carballo, castiñeiro, salgueiro, maceira, abeleira, laranxeira...), cal é a razón pola que é especial e despois pegar algunha foto dela (cos vosos fillos ou tamén con algún membro máis da familia).

Como as fotos teñen que ser en cor, se queredes podedes mandalas ao noso correo para imprimilas no colexio.

 blogdenatureza@gmail.com

Na aula de natureza  iremos vendo cada unha, a medida que as vaiades mandándoas.

ESTAMOS DESEXANDO VER 

TODAS ESAS ÁRBORES ESPECIAIS!

martes, 5 de abril de 2022

ALEGRÍAS E SEMENTES DE NÉSPERAS

Os nenos de Ribadumia B plantaron alegrías nunha das rodas recicladas que temos no noso xardín.


Máis fotos AQUÍ.

Martín, un dos alumnos desta clase, tróuxonos os ósos (sementes) de nésperas para plantar.

Como queremos ver primeiro como xerminan, puxémolas entre papeis de cociña mollados nunha peixeira de plástico que temos no colexio.

Despois metémola no invernadoiro para que lle de o calorciño.

lunes, 4 de abril de 2022

CABACIÑAS

 Os alumnos de Leiro estiveron plantando cabaciñas no invernadoiro.

Xa volvemos a telo cheo de verduras, e agora temos que esperar a que estean listas para a colleita e así poder realizar o seu sorteo entre o noso alumnado.

Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

viernes, 1 de abril de 2022

PAPEL CON SEMENTES

A profe Marta de Ribadumia B tróuxonos un papel de publicidade que conten sementes, e decidimos dividilo en 5 anacos para que cada aula do CRA plantara o seu nunha maceta.

Este papel, que conten sementes de 6 variedades de plantas, respecta o medio ambiente xa que está fabricado con fibras de algodón e as tintas que utilizaron nel teñen base vexetal.

Todos os nenos colaboraron plantando, pero imos poñer un collage con un de cada aula.


GRAZAS PROFE MARTA!

ESTAMOS DESEXANDO QUE BROTEN AS SEMENTES

PARA VER QUE PLANTAS SON!