viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL!

Dende a aula de natureza do C.R.A de Ribadumia, queremos desexarvos a todos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo.


martes, 18 de diciembre de 2018

PLANTANDO AS LANDRAS DA SOBREIRA


Os alumnos de Ribadumia B colleron landras da sobreira do noso xardín. Hoxe, estiveron plantándoas nas botas vellas que sobraron (algunhas familias trouxeron máis de unha).


Cando medren queremos que, as pequenas sobreiras, sexan utilizadas para replantar algún bosque do Concello de Ribadumia.

lunes, 17 de diciembre de 2018

SORTEAMOS LEITUGAS


As leitugas que plantamos no invernadoiro xa medraron e, estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos do C.R.A.
Cada tipo de verduras sorteámolo entre todos os nenos e non só entre os que as plantaron.
A nosa finalidade é que aprendan a plantalas e vexan como medran, que saiban o importante que é o seu consumo para a nosa saúde e as leven as casas para preparar riquísimas receitas con elas.
Para o seu sorteo temos papeliños, por aula, cos nomes de todos os alumnos. Cando están listas para a colleita, un neno de cada clase (ao azar) colle un para saber a quen lle toca levala.






O que queremos é que, ao final do curso, todos levaran polo menos unha.




domingo, 9 de diciembre de 2018

CREANDO OS NOSOS CARBALLOS CON BOTAS

Despois de ler o conto de Anxo Moure  “O carballo con botas” , saímos ao xardín
 para coller as landras que estaban polo chan debaixo dos nosos carballos.






A continuación pedimos as familias que trouxeran botas vellas, que tiveran nas 
casas, para crear os nosos carballos con botas. 
Cando medren, cada neno levara a seu para poder repoboar algún bosque ou monte 
con esta especie autóctona ou plantalos nos seus xardíns.