jueves, 30 de abril de 2026

CREMA DE PORROS

A mamá de Eric, de Ribadumia B, mandounos uns preciosos collage do seu neno preparando unha crema cos porros que levou do colexio.

AQUÍ TEDES AO COCIÑEIRO ERIC!!

QUE RICA E SAUDABLE A CREMA DE PORROS!!

FESTA DOS MAIOS

Hoxe celebramos a festa dos Maios.

As familias trouxeron fiúncho, flores, ovos baleiros, laranxas…para facelo.

Durante a primeira parte da mañá realizamos moitas actividades: cadenetas de pampullos e ovos para decorar o Maio, xogos populares (de sacos, limbo, bolos, de encestar, equilibrio...), Imannix (construcións con pezas xeométricas magnéticas) e vimos contos na pantalla dixital.









Para repoñer forzas merendamos riquísimos doces que trouxeron as familias.


A continuación recibimos a visita de Bea e Ali de “Inventi teatro”, que viñeron a escenificar contos como “Xaime e as landras”, “O coelliño branco”, “A eiruga larpeira” e “Polo camiño”.


CANTO RIMOS CON ELAS!!

Para rematar cantamos e bailamos a redor do Maio acompañados de pais/nais, avós/avoas, tíos/tías…




QUE BEN O PASAMOS!!

miércoles, 29 de abril de 2026

SEMENTES DE COGOMBROS

Como temos dúas mesas de cultivo e xa plantamos nunha cenorias, hoxe fixémolo na outra.

@s alumn@s de Lois encargáronse de realizar esta tarefa, e esta vez escollimos sementes de cogombro.

O buraco realizárono cun dedo. 



Unha vez que acabamos, botamos por enriba vermiculita xa que con este substrato o que acadaremos e reter a humidade e os nutrientes da planta para que esta os poida asimilar mellor.



martes, 28 de abril de 2026

CENORIAS

@s alumn@s de Ribadumia B estiveron plantando cenorias nunha das mesas de cultivo que temos no xardín.

Para regar as plantas colleron a auga do noso dispensador que recolle a da choiva, deste xeito aforramos a da billa. 



domingo, 26 de abril de 2026

COCIÑANDO REPOLO

O papá de Sara, da aula de Lois, mandounos unhas fotos da súa filla cortando o repolo que levou da escola para despois cocer e comer con chourizo e patacas.

BRAVO POLA COCIÑEIRA SARA!!