sábado, 20 de diciembre de 2014

BO NADAL

Dende a aula de natureza do C.R.A de Ribadumia, queremos desexarvos a todos…

       BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

MEDRARON AS NOSAS LEITUGAS...

Como xa está lista a colleita de leitugas que plantamos a finais de OUTUBRO, estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas.

Estes son os nenos que as están levando, para facer riquísimas ensaladas con elas…



















domingo, 14 de diciembre de 2014

A NOSA ÁRBORE CON FLORES RECICLADAS

A resposta a nosa pregunta da entrada “ QUE SERÁ? “ era, como dixo Rita, FLORES.
Estes foron os pasos que seguimos para a súa elaboración:
              Coloreamos flores feitas en papel e recortámolas. Despois as plastificamos (para que non se romperan coa choiva) e polo medio metémoslle un vaso de iogur de “ petit suisse “.












               Forramos un arame con celo verde para facer de talo e, fixemos  un buraco na base do vaso de iogur para metelo.













           Aquí tedes o resultado… 


PLANTAS AROMÁTICAS

Os alumnos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando no xardín algunhas plantas aromáticas:





ROMEU









       SALVIA










                                          TOMIÑO
                                         






Despois, na aula de natureza,  estivemos traballamos os nomes destas plantas aromáticas e o lugar onde as plantamos.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

HORTALIZAS PARA O XARDÍN

Durante o outono e inverno, non soemos plantar hortalizas no xardín xa que a xeada, o vento, os bichos… acaban con elas…
Pero este curso imos ser “ positivos “ e facelo, esperando obter colleita de todo o que sementemos.
Iniciaron esta tarefa os nenos da aula de Ribadumia B, plantando brócoli.





Na aula de natureza, realizamos unha ficha a través da que traballamos o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.


Máis fotos AQUÍ.

martes, 2 de diciembre de 2014

PRÍMULAS

Os alumnos da aula de Leiro estiveron plantando prímulas. Para darlle un pouco de vida ao noso xardín collémolas de moitas cores: brancas, amarelas, vermellas, rosas, moradas…






Na aula de natureza, fixemos unha ficha na que traballando o nome desta planta e o lugar onde a sementamos.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 27 de noviembre de 2014

QUE SERÁ?

Na aula de natureza estamos facendo algo para poñer no noso xardín.
Este é o material que estamos utilizando…


Adiviñades de que se trata?

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LIMPANDO O XARDÍN

Os nenos de Ribadumia B, estiveron quitando as malas herbas dun dos parterres que temos no noso xardín para poder plantar nel. 




BRÓCOLI

Esta rica hortaliza, que pertence ao grupo das “ flores “, foi a que estiveron plantando os nenos de Leiro no invernadoiro.


 Despois na aula, traballamos o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.


Máis fotos pinchando AQUÍ.

Xa temos o invernadoiro cheo de hortalizas!. 
Agora a esperar que medren, para facer o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas e, despois seguir plantando máis.