viernes, 18 de marzo de 2016

DÍA DA AUGA


O 22 de marzo, conmemoramos o día da auga, este ano 2016 o lema é “A auga e o empleo”.
A auga é un elemento esencial da vida. Pero ademais de ser fundamental para calmar a sede ou protexer a saude, é vital para a creación de postos de traballo e axuda ao desenvolvemento ecónomico, social e humano.
A metade dos traballadores da terra, están empleados en sectores relacionados coa auga, pero millóns deles non son recoñecidos e protexidos. O 22 de marzo, e o día para destacar a súa función vital e propiciar melloras para a población mundial que sufre problemas relacionados coa auga.
Na aula de natureza coñecimos a fluvi, mascota oficial da Expo Zaragoza 2008.
Esta exposición internacional,  tiña como tema central a auga como elemento indispensable para a vida. Nela, vivïronse 93 días de ocio, cultura, festa, reflexión e interncambio entre os diferentes participantes (104 países, 220 ONG, 17 Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla…) e os máis de 5.600.000 visitantes.
A través dela, os alumnos coñeceron o ciclo da auga e todas as cousas que podemos facer para non malgastala.



Tamén fixemos un mural para conmemorar esta data.



DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques. Con esta celebración o que se pretende é recordar a todo o mundo o importante que é protexer os nosos bosques. 
As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, son responsables do efecto invernadoiro e do cambio climático e, axudan a minimizar as súas consecuencias como inundacións, erosión do chan, desertificación… Por todas estas razóns, temos que fomentar unha conciencia de protección, conservación e restauración dos nosos bosques, facendo un bo uso dos seus recursos naturais.
Na aula de natureza, estivemos falando de todos o que nos proporcionan as nosas árbores e fixemos:

Unha ficha, coa que lembrar esta data, onde cada un dos alumnos escribiu un dos beneficios que nos dan.


Fixemos un mural dunha árbore utilizando algúns materiais reciclados.



jueves, 17 de marzo de 2016

SORTEO DE ESCAROLAS

Como xa medraron as escarolas do noso invernadoiro, e están listas para comer, estamos realizando o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas do C.R.A.
Estes son os alumnos que van facer riquísimas ensaladas con elas.


jueves, 10 de marzo de 2016

MÁIS AMORODOS

Os nenos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando máis amorodos no parterre das comestibles. 
A nosa intención e enchelo deles, para que cando medren poidamos ter os suficientes para realizar algunha rica receita no noso taller de cociña.


Máis fotos AQUÍ.

martes, 1 de marzo de 2016

REPOLOS PARA O INVERNADOIRO

Imos encher o noso invernadoiro de verduras para despois facer o seu sorte e algunha receita na escola.
Os nenos da aula de Ribadumia B, iniciaron esta tarefa plantando repolos.


Tedes máis fotos  AQUÍ.