martes, 25 de abril de 2017

SAQUIÑOS ARÓMATICOS DE LAVANDA

Na aula de natureza, estamos facendo saquiños aromáticos de lavanda.
As flores e follas xa as colleramos e, tivémolos un tempo nun sitio escuro para que secaran.
Para facer as bolsiñas: 
- Partimos as flores e follas de lavanda en anacos pequenos.
- Poñemos todo no medio dun cadrado de tule.
- Collemos as puntas do cadrado e xuntámolas para facer o saquiño.
- Atámolo cun lazo.
RIBADUMIA B


SORTEAMOS MÁIS VERDURAS

Xa medraron máis verduras e volvemos a sortealas entre os nosos alumnos..

LEITUGAS 






REPOLOS CORAZÓN FADO OU CORAZÓN DE BOI


viernes, 7 de abril de 2017

MÁIS SEMENTES DE TAXETE

Os/as nenos/as de Sisán estiveron plantando sementes de taxete en macetas. 
Cando medren, cada un/unha levará a súa plantiña para casa. 

 
 



Tedes máis fotos pinchando AQUÍ.

jueves, 6 de abril de 2017

MEDRARON OS TAXETES QUE SEMENTAMOS

 Xa medraron as sementes de taxete que plantaron, en macetas, os/as alumnos de Lois e Ribadumia A. 
Cada neno/a levou a súa para seguir coidando na casa.


PLANTANDO EN RODAS CALIBRACHOA E TAXETES

Os/as alumnos/as de Lois, estiveron sementando calibrachoa e taxetes nas dúas rodas nas que aínda non plantáramos nada. 

CALIBRACHOA 




TAXETES





Tedes máis fotos neste ENLACE.

martes, 4 de abril de 2017

AMORODOS

Os/as nenos/as de varias aulas, están plantando amorodos no xardín... 
O que queremos é encher o parterre deles para poder ter unha boa colleita. 


ALUMNOS/AS DE LEIRO



Podedes ver máis fotos AQUÍ.

  ALUMNOS/AS DE RIBADUMIA B

Os que plantaron os/as nenos/as de Ribadumia B, xa tiñan amorodos listos para comer. 
Por iso, estiveron colléndoos para despois comelos.






 Tedes máis fotos neste ENLACE.

ALUMNOS DE RIBADUMIA A

 

Máis fotos AQUÍ.