martes, 23 de febrero de 2021

COMENDO A COLIFLOR DO NOSO INVERNADOIRO

Estefanía mandounos unhas fotos da súa filla Clara, da aula de Sisán, comendo a coliflor que lle tocou no sorteo. Dinos que, aínda que non lle gustan as verduras, animouse a probala.


QUE BOA TEN QUE ESTAR ESA COLIFLOR CON OVOS E PATATAS!

Vanesa, a mamá de Mario da aula de Sisán, enviounos unhas fotos de Mario comendo a coliflor que lle tocou e tamén da receita especial que fixo con ela.

Dinos que como ten a peculiaridade do forte cheiro e que non resulta moi atraínte para os nenos, decidiu camuflala nunha comida que sempre triunfa como é a pizza. Así, fixeron unha base de pizza de coliflor.

Para se alguén quere realizala, mandounos os pasos que hai que seguir para a súa elaboración:

- Raiar ou picar moi fina a parte branca da coliflor.

- Poñela no microondas a máxima potencia durante oito minutos.

- Sacala e mesturala con queixo raiado e un ovo batido.

- Estender a masa dándolle a forma que queiramos.

- Meter a base no forno durante 20 minutos ata que quede un pouco tostada.

- Quitala e poñer enriba todos os ingredientes que queiramos.

- Volver a metela no forno.


¿ANIMÁDESVOS A FACELA NAS CASAS?

Mila tamén mandou unhas fotos da súa filla Martina, da aula de Ribadumia A, comendo a coliflor que lle tocou.

A receita que fixeron con ela foi “coliflor gratinada con beicon”.


QUE RICA TEN QUE ESTAR!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS E POR COMPARTIR CONNOSCO AS VOSAS RECEITAS SAUDABLES

jueves, 18 de febrero de 2021

COLIFLOR

As coliflores que plantamos no invernadoiro xa medraron, e estamos realizando o seu sorteo entre os nenos do C.R.A. Deste xeito, poderán facer con elas riquísimas receitas nas casas.




domingo, 14 de febrero de 2021

DÍA DA ENERXÍA

Hoxe, 14 de febreiro, é o día da enerxía.

Para conmemoralo estivemos traballando o conto “Laura y compañía: ahorramos energía”. Nel, Laura e os seus amigos están lendo un conto onde a protagonista é una bruxa moderna chamada Sasha que vai ensinándonos cales son as diferentes fontes de enerxía (o sol, o vento, a electricidade…) e que cousas podemos facer nas casas para aforrala.

Despois estivemos  imaxinando que pasaría se non tiveramos auga quente, nin calefacción, nin luz… Chegamos á conclusión de que sería un desastre para todos, xa que estamos acostumados a vivir con todas estas cousas.

Por iso, temos que apagar as luces cando faga bo día,  non ter moito tempo aberta a neveira e as billas de auga quente, non ter a televisión acendida cando non estamos mirándoa, apagar o ordenador cando non o usamos,  utilizar menos o coche e no seu lugar andar ou ir en bicicleta…

Despois, na aula de natureza, estivemos realizando una ficha coa que lembrarnos desta data. Nela os alumnos tamén fixeron o seu debuxo da bruxa Sasha.

Entre todos, e con estas pequeñas accións, podemos aforrala.

jueves, 4 de febrero de 2021

LIMÓNS E LARANXAS

Hoxe estivemos recollendo os froitos de dúas das árbores froiteiras que plantamos, fai anos, no xardín.

Primeiramente os nenos de Leiro colleron do limoeiro os limóns que xa estaban maduros.

E despois os alumnos de Ribadumia apañaron as laranxas da laranxeira que tamén estaban listas para comer.


Todas estas froitas repartíronse entre o grupo de nenos de cada aula, para que todos levaran algunhas para degustar na casa.

Pinchando AQUÍ tedes un enlace a unha receita, que fixemos na aula, e que podedes realizar tanto cos limóns como coas laranxas.