martes, 24 de septiembre de 2019

QUE FAREMOS NA AULA DE NATUREZA?

Esta semana, na aula de natureza estamos vendo:
As luvas e mandís que poñeremos para non mancharnos.


As ferramentas que imos usar para plantar e, cales son as súas normas de utilización.


Lemos o conto “Había una vez una semilla” que explica como plantar sementes e que é o que necesitan para medrar.


Aproveitando esta historia, miramos no noso organizador de sementes que non todas son do mesmo tamaño e cor. Temos de cenoria, de leituga, de cabaza, de chícharos, de taxetes, de xirasol…Tamén probamos as pipas de xirasol e de cabaza.


E os nenos novos coñeceron a nosa mascota Borja (que medrou moito este verán), que é unha tartaruga que xa leva connosco dende o curso 2016-17. Cada día un neno, da aula que este en Leiro, será o encargado de darlle de comer.





Se queredes ver como medrou pinchade neste ENLACE.  

sábado, 21 de septiembre de 2019

FIGOS DA NOSA FIGUEIRA

A nosa figueira está dando moitos figos e os alumnos de Leiro levaron un para probar nas casas. As mestras somos as que os collemos xa que as súas follas poden dar reaccións cutáneas.




Para a vindeira semana, na que todas as aulas xa comezaran a ir a Leiro, seguiremos repartíndoos entre os demais alumnos do C.R.A.

COLLENDO ABELÁS

A nosa abeleira deu moitas abelás e, como o curso pasado, os nenos da aula de Leiro estiveron colléndoas para facer con elas unha receita no seu taller de cociña dos venres.





Cando a elaboren, subiremos fotos.

COMEZAMOS O CURSO 2019-20

Un ano máis volvemos a formar parte do gran equipo Voz Natura 2019-20. Con este programa, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, o que pretende e desenvolver ao largo do curso un proxecto de protección e recuperación medioambiental combinando accións directas no entorno con actividades de concienciación.
Nesta 23ª edición o tema é “Construamos un futuro sen plásticos”. 


O que pretenden é que concienciemos a nenos e maiores da necesidade de reducir o consumo de plásticos dun só uso, buscando alternativas máis sostibles.  Temos que ser conscientes de que vivimos rodeados de eles e, que hai millóns de animais acuáticos ou aves que morren ao ano por estes residuos. 
O noso obxectivo para este curso (ademais de traballar a redución, reciclado e reutilización dos plásticos), e utilizar todos os nosos recursos educativos para que os alumnos coñezan mellor o seu entorno e saiban como e porque deben coidalo.Así, algunhas das actividades que realizaremos serán:
As nosas mascotas. Que o novo alumnado coñeza as mascotas da nosa aula de natureza. 
- Verdiño. Que nos vai a axudar a respectar e coidar as plantas do noso xardín e invernadoiro. 
Roquiña. Que quere que protexamos o Planeta a través de accións como reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais...

                                                            VERDIÑO                                  ROQUIÑA

Borja. A nosa tartaruga, á que os alumnos se encargan de dar de comer e coidar. 
Os peixes. Temos un estanque no que tiñamos peixes pero os roubaron. Este curso, imos compralos para que os nenos lles poidan dar de comer. 
Ferramentas e utensilios de labranza para o xardín e invernadoiro. Que aprendan os seus nomes e as súas normas de utilización. Composteira. Explicarlles que con ela podemos facer abonos naturais para as nosas plantas e, traballar na aula que cousas podemos botar nela para facer compost (mondas das froitas das merendas, follas secas, malas herbas...). 
Proxectos. Durante o curso realizaremos proxectos relacionados coas plantas do xardín e invernadoiro, o coidado do medio ambiente, a reciclaxe... 
A nosa biblioteca. Para buscar inofrmación sobre os proxectos que realizamos. Nela temos unha zona documental con libros nos que buscar a infromación que necesitamos para enriquecer os nosos traballos. 
Reciclar. Aprenderemos a separar o lixo e tiralo no contedor que corresponde (plástico, papel, vidro ou orgánico). Tamén reciclaremos as pilas co noso boneco Piliñas. 


Reutilizar. Ensinarlles a utilizar  algúns obxectivos para darlles outros usos, co fin de producir menos lixo e gastar menos recursos (vasos de iogur, zapatos vellos, tapóns, macetas de plástico...). 
Xardín dos sentidos. Plantarán, nos distintos parterres do noso xardín e, periodicamente, realizar tarefas de limpeza para qutar pedras, malas herbas, follas secas... 
Invernadoiro. Sementarán verduras e, cando medren, realizaremos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas. Isto facémolo para que poidan levar ás casas, e comer, algo que eles mesmos plantaron. 
Taller de cociña. Tamén faremos algunha receita cas froitas que dan as nosas áebores, as verduras do noso invernadoiro... 
O día de... Realizaremos actividades, murais..., para conmemorar: o día da alimentación, dos animais, da enerxía, da reciclaxe, dos bosques, da auga, do medio ambiente...