viernes, 22 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día Mundial da Auga co obxectivo de chamar
 a atención sobre a importancia da auga doce e a xestión dos recursos da auga.


O tema deste ano é “Non deixar a ninguén atrás”


No 2010, as Nacións Unidas recoñeceron que o dereito á auga potable e o saneamento é un dereito humano esencial. É dicir, todas as persoas, sen discriminación, deben dispoñer de auga suficiente , segura e accesible para uso persoal e doméstico. 
Na aula de natureza estivemos vendo o conto “Os bolechas queren saber como aforrar auga”. Nel, estes irmáns, explican cal é a auga que podemos consumir, como chega as nosas casas, cal é o seu ciclo, que cousas podemos facer para non malgastala…


Despois miramos varias accións relacionadas coa auga, e os nenos puxeron pegatina verde nas que se aforra e vermella nas que non.

jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Hoxe, 21 de marzo, conmemoramos o Día Internacional dos Bosques
Con esta celebración, a Organización das Nacións Unidas, quere poñer de releve 
a importancia das areas forestais do planeta.
Este ano o lema é “Os bosques e a educación. ¡Aprende a amar o bosque!”.


Temos que coñecer máis os bosques e saber que a súa conservación inflúe
 positivamente na vida de todos os habitantes da Terra. Cobren un terzo da 
superficie terrestre e albergan moitas especies de plantas e animais. 


Nós, na aula de natureza, estivemos lendo o conto de Nadia Menotti “Planta un árbol”.


A autora pensa que canto mellor coñecemos algo, maior é a nosa capacidade para amalo. Case todo o mundo quere ás árbores xa que sabe cousas delas en maior o menor medida. Pero canto máis aprendemos sobre elas, e en especial acerca de todo o que nos dan, máis poderemos aprecialas.
Neste conto Sofía, a súa protagonista, vai  preguntando aos seus pais e avós as razóns polas que hai que plantar árbores.
Despois de lelo, estivemos falando do importantes que son é todo o que non teriamos se non os houbera. 
Por iso, decidimos animar a todo o mundo a coidalas. E para facelo, cada neno puxo unha razón pola que son necesarias as árbores.








martes, 19 de marzo de 2019

ACTIVIDADES NA CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA

Onte, luns 18 de marzo, os nenos do C.R.A de Ribadumia puideron disfrutar de moitas actividades na Casa de Cultura de Ribadumia.
Primeiramente veu Maruxa, unha xornalista da Voz de Galicia, para contarnos que é un xornal e cal é o traballo dun periodista. Os nenos dixéronlle que cousas querian contar para redactar as súas propias noticias e ela explicoulles cal é o proceso para escribilas. Tamén veu con ela unha fotografa que ensinoulles como é a súa cámara, puideron quitar fotos con ela e comprobar o moito que pesa.


Despois tivemos a presenza de Anxo Moure, grazas ao Plan Proxecta Voluntariado Miúdo no que participamos este curso 2018-19


Veu co seu paztinete para inculcarnos valores para coidar o medio ambiente. Os rapaces estiveron moi atentos as súas explicacións e riron moito coa súa divertida posta en escena, na que o escritor ofreceunos actividades moi animadas con rimas musicadas e títeres.



A continuación merendamos e saímos a xogar ao parque.




E, para rematar, veu Pakolas que é un autor, compositor, músico e produtor de música pensada para os máis cativos. As súas cancións teñen como eixo central o Rock and Roll e tratan sobre animais con cola. A través da súa voz, e tocando a súa guitarra, logrou interaccionar cos nenos facendoos participes do seu espectáculo e logrando que cantaran e bailaran ao ritmo da súa música.


miércoles, 13 de marzo de 2019

JOEL COMENDO COLIFLOR

Onte, martes 12 de marzo, a Joel (da aula de Ribadumia B) tocoulle unha coliflor nun dos sorteos que estamos realizando coas verduras que xa están listas para comer.
Hoxe Noe, a súa nai, mandounos un collage no que aparece o seu fillo nunha foto coa coliflor e noutra coméndoa. 
O título que lle puxeron é moi axeitado... "Da horta do cole ao prato e... ñam!"
Alegrámonos de que aos nosos alumnos lles gusten as hortalizas, xa que son moi sas e axudan a medrar.


Moitas grazas polas fotos Noe!

domingo, 3 de marzo de 2019

FESTA DO ENTROIDO

Onte, venres 1 de marzo, celebramos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia.
Como nas aulas esta cun proxecto sobre “O Circo”, os nenos viñeron disfrazados das casas de magos, pallasos, forzudos, mimos, mestres de cerimonias, acróbatas… Temos que dar as grazas as familias pola súa colaboración na elaboración dos mesmos.






Como este curso volvemos a participar  no programa “Aliméntate ben”, recibimos a visita do mariñeiro Luís e a cociñeira e marisqueira  Mariña que nós falaron das propiedades do peixe e da importancia de incluílo na nosa dieta. Tamén amosaron vídeos de cómo se pesca e que aparellos se utilizanpara facelo, como se marisqueira, que son as bateas… 



Despois os nenos estiveron coloreando aos arroaces que son unha cuadrilla de sete nenos e nenas (cada un cun “superpoder"), que detectaron que aos rapaces non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que isto cambie. Con eles Mariña e Luís fixeron móbiles para as aulas.


Tamén estivo o Mago Paco que coas súas historias ofreceunos un espectáculo cheo de risas, cores e moitas sorpresas. Os nosos alumnos foron participes da súa maxia.


Os avoíños da residencia DomusVi de Ribadumia acompañáronnos nesta festa e tamén degustaron connosco os riquísimos doces, típicos destas datas, feitos polas familias dos nosos alumnos.





E, para rematar, realizamos un pasarrúas polos arredores do Auditorio de Ribadumia.