lunes, 23 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS!

Dende a aula de natureza do CRA de Ribadumia queremos desexarvos a todos, que teñades unhas Felices Festas de Nadal e que os Reis Magos os traian moitos agasallos.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

ÁRBORES DE NADAL DECORADAS

Xa puxemos algunhas bolas que as familias decoraron nas casas utilizando diversos materiais... E así é como quedan as nosas árbores de Nadal recicladas.





martes, 17 de diciembre de 2013

OS NOSOS XOGUETES DO VENTO

Xa estamos poñendo tanza aos xoguetes do vento que fixemos cos separadores de plástico das carpetas de aneis.
 Mirade que bonitos quedan...



Á volta das vacacións de Nadal colgarémolos polas árbores, do noso xardín dos sentidos, para que o vento os poida bambear. 
Tamén estamos reciclando os vasos dos iogures das merendas para facer outro xoguete do vento con forma de flor… 
Cando esten rematados poñeremos fotos no blog.

sábado, 14 de diciembre de 2013

XA ESTÁN LISTAS AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL

Xa rematamos as árbores que fixemos con tubos de papel hixiénico.


 
Agora só falta adornalas coas bolas de Nadal que levaron os nosos alumnos para decorar na casa utilizando diversos materiais (teas, legumes, cartolinas, pastas, botóns, papeis de cores…).

miércoles, 11 de diciembre de 2013

CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO SOBRE CESAR MANRIQUE

Na aula de natureza  continuamos aprendendo cousas sobre Cesar Manrique…
Fixemos unha ficha onde puidemos observar algunhas das súas esculturas móbiles.



Descubrimos que a súa casa, á que lle puxo o nome de “Taro de Tahíche”, esta feita aproveitando o espazo natural de 5 burbullas volcánicas.

 
 E que na planta subterránea, aproveitando as 5 burbullas, creou 5 salas diferentes ás que puxo por nome: A da fonte, a amarela, a vermella, a negra e a branca.



domingo, 8 de diciembre de 2013

ÁRBORES DE NADAL CON MATERIAL RECICLADO

Os nenos das aulas do CRA de Ribadumia trouxeron á aula de natureza tubos do papel hixiénico para facer con eles dúas árbores de Nadal.

Os pasos para facelas foron:
1.    Pintar unha folla de papel con cera de cor verde.

      Tamén pintamos con cera marrón para facer o tronco.

2.  Botar pegamento pola outra cara da folla.


3.  Enrolar a folla no tubo de papel hixiénico.


4.  Cortar un pouco os extremos da folla.


5.   Meter as esquinas do papel dentro do tubo.
 

 


 





Mirade como está quedando…
 
Cando rematemos de facelas subiremos fotos ao blog.

domingo, 24 de noviembre de 2013

CESAR MANRIQUE E OS XOGUETES DO VENTO

Os alumnos e mestra de natureza do CRA de Ribadumia, queremos facer móbiles para o noso xardín dos sentidos.
Por iso estamos cun proxecto sobre Cesar Manrique que foi un pintor, escultor e arquitecto da illa de Lanzarote defensor do medio ambiente.
Este artista español loitou para que a súa illa non se transformara nun feo centro turístico e, grazas a isto todas as construcións de Lanzarote non poden exceder o tamaño das palmeiras máis altas.
Unha parte importante da súa obra escultórica a constitúen os móbiles, o que el chamaba “Xoguetes do vento”. Son estruturas sólidas, pesadas e de ferro, que están formadas por esferas, círculos, pirámides… e que cos fortes ventos que hai en Lanzarote adquiren movemento. Todas elas están distribuídas por espazos públicos, sobre todo, da súa illa natal.
 


 

Na aula de natureza, estivemos vendo vídeos dos seus xoguetes en movemento.



 Se queredes velos na casa, pinchade neste ENLACE.

Tamén comezamos a traballar o seu nome e apelidos, o lugar onde naceu e as súas profesións.




E estamos elaborando os nosos “xoguetes do vento” utilizando materiais reciclados. Os primeiros que estamos facendo son cos separadores de plástico das carpetas de aneis. Debuxaron con rotuladores permanente caracois, carpas Koi, bolboretas… e tamén calcaron as mans de compañeiros e despois recortáronos.












martes, 19 de noviembre de 2013

SEMENTES DE LEITUGA PARA O INVERNADOIRO


Ao inicio do curso puidemos comprobar que os plásticos do noso invernadoiro estaban rotos.



Falamos con Lidia, do concello, e chegamos a un acordo: o colexio mercaba os plástico e os operarios do concello os poñían.

Xa os compramos e esta semana van a colocalos…


Mentres, nos imos plantando sementes de verduras en macetas para despois, unha vez arranxado, transplantalas ao invernadoiro.
As primeiras foron as de leituga e os encargados os nenos da aula de Sisán.


















Se queredes ver máis fotos, pinchade neste ENLACE.

Dende este blog, queremos dar as grazas ao concello de Ribadumia pola súa colaboración e axuda desinteresada en moitas das actividades do noso centro: axudar a limpar o xardín, arranxar o invernadoiro, custear os autobuses das excursións…