domingo, 17 de mayo de 2015

CASIÑAS PARA OS PAXAROS

Voz Natura regalounos casiñas de madeira para paxaros e nós, coa axuda da mestra Ángeles, estivemos poñéndoas polas árbores do noso xardín.
Despois xogamos cos nenos a atopalas…






XA TEMOS MÁIS COLLEITA

Xa medraron algunhas remolachas e cabaciñas e, como coas demais hortalizas, estamos realizando o seu sorteo…



miércoles, 13 de mayo de 2015

BEGONIAS

O noso xardín xa empeza a ter cor, con todas as flores que estamos plantando dende que comezou a primavera.
Os nenos de Ribadumia B tamén colaboraron, nesta tarefa de deixalo fermoso, poñendo begonias.


Máis fotos pinchando AQUÍ.

martes, 12 de mayo de 2015

COGOMBROS PARA O INVERNADOIRO

Como o curso 2013-14 a colleita de cogombros foi moi grande, decidimos plantalos de novo. 
Esta vez, foron os alumnos de Leiro os encargados de facelo…





Podedes ver máis fotos pinchando neste ENLACE.

sábado, 9 de mayo de 2015

PLANTAMOS ACELGAS

Os nenos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando acelgas no invernadoiro…



Este curso tivemos unha boa colleita, xa que son poucos os alumnos que faltan por levar algunha verdura do noso invernadoiro…
Esperamos que, antes de que rematemos, vaian medrando as que plantamos para que poidan levar outra máis.

lunes, 4 de mayo de 2015

CONCURSO ESCOLAR SOBRE O MEDIO AMBIENTE

O 2015, trae de novo a 5ª convocatoria do Concurso Escolar que organiza AMEI (Asociación Mundial de Educadores Infantiles) co patrocinio de produtos UHU.


Nós, xa levamos dous cursos participando. No 2012-13 gañamos o segundo premio e no 2013-14 quedamos finalistas.
Neste 2014-15 imos a intentalo de novo presentando un vídeo co que, a través de imaxes e as voces dos alumnos comentándoas, pretendemos ensinar todas as actividades que realizamos para coidar o medio ambiente.
Temos que dar as grazas a Rosana, a mestra de música, que colaborou connosco na elaboración do video.