lunes, 18 de noviembre de 2019

E TI, QUE FAS POLO MEDIO AMBIENTE?

Na aula de natureza, elaboramos uns cadernos viaxeiros (un por aula) que  van percorrer os fogares dos nosos alumnos. O título que eliximos para eles é: "E ti, que fas polo medio ambiente?".


No C.R.A de Ribadumia, facemos moitas cousas para coidar o medio ambiente: elaboramos compost, plantamos utilizando abonos naturais, aforramos auga regando con regadeiras e cerrando as billas mentres enxaboamos as mans, reciclamos, reutilizamos obxectos para darlles unha nova vida…
Pero queremos saber que cousas fan os nosos alumnos e as súas familias para coidalo e protexelo.
Como adultos temos que ter presente que os nosos nenos aprenden por imitación “copiando” todo o que ven, e a medida que van medrando toman como referencia aos adultos do seu entorno máis próximo (pais, avós, mestres…). Por iso, é moi importante que prediquemos co exemplo xa que é a mellor forma de incorporar os bos hábitos a súa rutina. Se ven que tiramos o lixo á rúa ou desperdicios á auga, eles adoptarán esta actitude por considerar que é a correcta.
Nos cadernos viaxeiros as familias atoparan unha pequena explicación e unha folla para poñer:
- Nome e apelidos do/a neno/a
- Que fan para coidar o medio ambiente
- Foto/os dos/as nenos/as (familia tamén pode ser) realizando esas tarefas.


COL DECORATIVA

Os nenos de Leiro, estiveron plantando coles decorativas nas rodas de tractor que temos no noso xardín e que estamos reutilizando como macetas.


Tedes máis fotos AQUÍ.

martes, 5 de noviembre de 2019

COMO MEDRAN OS CARBALLOS CON BOTAS…

Pedimos ás familias dos nosos alumnos se podían enviarnos fotos dos carballos con botas que plantamos na escola o curso 2018-19 e, que os nenos levaron para coidar nas casas.
Algúns xa medraron moito e, hai quen os segue tendo nas botas e noutros casos transplantáronos a macetas ou á terra.
                                                     DANA E ADRIANA DE RIBADUMIA B
     

                                 KARLA DE LOIS                                          CLARA DE SISÁN 

                                                              
                                                               VALENTINA DE RIBADUMIA A

                                     
                                  ANA DE RIBADUMIA A                                            LÍA DE LEIRO


                                                                   LÍA DE RIBADUMIA B                           


                                                                            MARCOS DE LEIRO


LAURA DE LEIRO




¡PRECIOSOS!

viernes, 1 de noviembre de 2019

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR


Este vídeo é o que proxectou Ángeles, a mamá de Izan, na festa do Magosto-Samaín. Nel, o Planeta Terra fala aos nenos de tres palabras moi importantes que empezan por R: reducir, reciclar e reutilizar.
REDUCIR: Todo aquilo que poida xerar un gasto ou un desperdicio innecesario.
RECICLAR: As cousas que non necesitamos para que moitas volvan a ser usadas (puntos limpos, contedores de papel, vidro, plástico e residuos orgánicos).
REUTILIZAR: Xa que hai moitas cousas que podemos utilizar moitas veces, en lugar de tiralas, dándolle así unha segunda vida.
RECUPERAR: Usar un residuo para producir outro novo, intentando que o tratamento dane o menos posible o medio ambiente.
Utilizando a regra das 4R, acadaremos un Planeta máis limpo, con menor contaminación e onde todos viviremos mellor.

ENTRE TODOS PODEMOS!

MAGOSTO-SAMAÍN

O venres, 30 de outubro, tivemos a festa do Magosto-Samaín.
As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas.



QUE BONITAS TODAS!

Os nenos viñeron disfrazados de zombis, bruxas, vampiros, esqueletos…



QUE TERRORÍFICOS!

E durante a mañá, realizáronse as seguintes actividades:

Vimos contos de medo.




Decoramos con pinturas follas de papel recicladas, para facer con elas cucuruchos para levar as castañas asadas.


Angeles, a mamá de Izan de Sisán, veu coa ecobotella para ensinarnos a importancia das 4R. Amosounos un vídeo sobre a importancia de reciclar, reducir, reutilizar e recuperar e, díxonos que utilizando as 4R poderemos acadar un planeta máis limpo, con menos contaminación e onde vivir mellor.


Tivemos a visita da Agrupación músico-cultural de Ribadumia que amosáronnos os seus instrumentos, ensináronnos como soan e tocaron e cantaron connosco cancións.


Merendamos terroríficos doces preparados nas casas polas familias.





E, para rematar a mestra Montse e Angeles (a mamá de Izan de Sisán) representaron  a obra “A bruxa Hermelinda e a fada das 3R”. Nela, unha bruxa que non recicla recibe a visita dunha fada que lle lembra a importancia de reducir, reciclar e reutilizar.


As familias trouxeron castañas e carozos e o Concello deixounos o asador. 
Algúns pais, nais e avoa estiveron asándoas.



E non quero terminar esta entrada do blog, sen dar a grazas ás familias pola súa colaboración decorando cos seus fillos as cabazas, traéndoos tan terrorificamente disfrazados e preparando todos eses riquísimos doces.
E, por suposto, aos pais nais e avoa que estiveron toda a mañá a choiva asando as castañas e a Angeles por ensinar aos nenos tantas cousas sobre as 3R e por ser unha maravillosa actriz.


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!