lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.

Na aula de natureza estivemos falando das cousas que podemos facer a favor da convivencia pacífica e contra a violencia.

Pero tamén queriamos facer referencia ao medio ambiente, xa que un mundo en paz debe ser un mundo saudable, libre de contaminación, onde se respecte a natureza e no que todos xuntos loitemos contra a deforestación, a extinción das especies e o cambio climático. Por iso, estivemos lendo o conto “Salvaje” de Emily Hughes que pretende volver a conectarnos coa natureza. Nel a protagonista, aínda que non ten nome propio, é un ser libre con carácter e forza que ten intacto todo o que a humanidade foi perdendo polo camiño da evolución: a casa no bosque, a vexetación como cama e os animais como familia. Aquí está alegre xa que ninguén a etiqueta, censura, non ten horarios, obligacións, e é aceptada e querida. Pero un día é cazada, e sen preguntarlle lévana cos humanos que a xulgan, critican e intentan impoñerlle costumes e leis.

A mensaxe deste conto, é que debemos ser conscientes da nosa conexión coa natureza e non debemos rompela nunca. 

Para rematar realizamos unha ficha, coa que celebrar este día e recordar este conto. Nela,  coloreamos os animais que son os mestres desta nena e lle ensinan a falar, cazar e xogar.

viernes, 27 de enero de 2023

ENCHENDO DE CORES O NOSO XARDÍN!

Despois de quitar as malas herbas que medraron no noso xardín todo este tempo que estivo chovendo, comezamos a poñelo bonito con plantas de moitos cores.

RIBADUMIA B PLANTANDO PENSAMENTOS


Tedes máis fotos pinchando neste ENLACE.

LOIS PLANTANDO COL DECORATIVA


   AQUÍ podedes ver máis fotos.

SISÁN PLANTANDO CICLAMEN


Neste ENLACE máis fotos.

lunes, 23 de enero de 2023

VOLVEMOS REALIZAR TRABALLOS NO XARDÍN!!

Por fin, despois de tanto tempo chovendo, saíu o sol e puidemos retomar o noso traballo no xardín.

Como había moitas herbas malas, para poder plantar,os nenos de Leiro estiveron sacándoas.

TRABALLARON MOITÍSIMO!!

QUE RICAS RECEITAS CON LEITUGA!

Xa temos receitas que as familias fixeron coas leitugas que xa sorteamos.

Sonia, a mamá de Sofía de Ribadumia B, enviounos unha foto da súa filla coa ensalada que fixeron con ela.

María, a avoa de Farah de Lois, tamén mandou unhas fotos da súa neta comendo un “roliño de leituga”. Ademais desta verdura, tamén tiña atún, xamón e peituga de pavo. 

Ruth, a nai de Chloé de Sisán, enviounos un collage con varias fotos da súa nena preparando unha ensalada coa leituga que lle tocou. Ademais engadiulle os seus ingredientes favoritos que son ovo cocido, queixo e xamón. 

MOITAS GRAZAS MARÍA, SONIA E RUTH!!

QUE SAS E NUTRITIVAS SON ESTAS RECEITAS!!

domingo, 22 de enero de 2023

COMEZAMOS CO SORTEO DAS VERDURAS!

Algunhas das leitugas que plantamos no noso invernadoiro xa medraron e están listas para a colleita, polo que comezamos a realizar o seu sorteo entre o noso alumnado.


Estamos desexando ver esas ricas ensaladas que preparan con elas nas casas!!

sábado, 14 de enero de 2023

SEMENTES DE LEITUGA

Os alumnos de Sisán, estiveron plantando sementes de leituga en pebideiros. Despois levámolos para o invernadoiro.

ESTAMOS DESEXANDO VER COMO MEDRAN!!

A continuación, nun sobre escribimos “sementes de leituga” e cada neno meteu no seu algunhas para plantar nas casas.