sábado, 26 de febrero de 2022

QUE RICA COLIFLOR!

As familias xa están mandando receitas coas coliflores que plantamos no noso invernadoiro e que xa sorteamos entre os nosos alumnos.

Ángeles, a mamá de Izan de Sisán enviounos fotos do brócoli con patacas e ovos que fixeron.

Na casa de Martín de Ribadumia B, dinos Lorena a súa nai, que prepararon tortiñas.

Estes son os ingredientes que utilizaron:

Os corazóns da coliflor

Crema para facer as tortiñas

Queixo “mozzarella”

PREPARACIÓN:

Coceron os corazóns da coliflor e despois esmagáronnos.

Mesturáronnos co queixo e a crema.


Tamén coceron as follas da coliflor para comer


Aquí tedes un vídeo onde Nieves, a avoa de Martín, dinos o que van facer e os ingredientes que utilizan.

E este é outro onde nos ensina unha cadela de frade que había no medio desta verdura. Tamén dixo que ía poñela no xardín para que puidera alimentarse con algunha herba.

Tania, a mamá de Lara de Lois, mandounos fotos da receita que fixeron  cos seguintes ingredientes:

Coliflor

Brócoli

Patacas

Ovos

Atún

Aceite de Oliva

Os pasos para a súa realización foron:

Limpar a coliflor e o brócoli

Pelar as patacas

Poñer os ovos a cocer nun cazo e noutro as patacas ás que engadiremos, despois dun rato, as dúas verduras

Cando todo estivo listo servírono nun prato e Lara esmagouno todo dándolle a forma dun volcán.

Para rematar, agregou o atún para imitar a lava, e aderezouno con aceite de oliva.

Púxolle por nome “Volcán de coliflor”.

Marcos, o papá de Nicolás de Ribadumia A, enviounos ao correo fotos do seu fillo comendo a coliflor que lle tocou.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS FOTOS E VÍDEOS FAMILIAS!

ENCÁNTANME AS RECEITAS!

ESTÁS COMIDAS SEGURÍSIMO QUE ESTÁN RIQUÍSIMAS!

ANÍMADEVOS A FACELAS!

jueves, 24 de febrero de 2022

CARAVELIÑAS

 Seguimos poñendo flores de cores no noso xardín para deixalo bonito.

Esta vez, tocoulles aos alumnos de Ribadumia A que plantaron caraveliñas.

Neste ENLACE tedes máis fotos.

martes, 22 de febrero de 2022

martes, 15 de febrero de 2022

lunes, 14 de febrero de 2022

DÍA DA ENERXÍA

Hoxe, 14 de febreiro de 2022, é o día da Enerxía.

Na aula de Natureza, estivemos falando sobre que é a enerxía e que cousas podemos facer para reducir o seu consumo: prender a luz soamente cando o necesitemos, non abrir e cerrar a neveira continuamente, poñer a lavadora cando este chea, non deixar a televisión, ordenador e outros aparatos eléctricos acendidos cando non estamos utilizándoos…

Despois estivemos vendo o conto “Se acabó la luz” de Maritza Valle Tejeda. Fala sobre a felicidade dun neno que se chama Fabricio pola chegada da luz a súa casa. Este, aínda que os pais chámanlle a atención, deixa a luz, a televisión e o aparato de música prendidostoda a noite. Pero un día hai un gran apagamento que dura varios días e que lle fai reflexionar sobre a importancia de apagalos.

Despois fixemos unha ficha para lembrar este día e rodear, dunha serie de obxectos, aqueles que consumen enerxía.


jueves, 3 de febrero de 2022

XERANIOS

Como hai zonas do noso xardín nas que aínda non plantamos, imos facelo para enchelo de cores.

Comezaron os alumnos de Ribadumia A, poñendo xeranios.

Máis fotos AQUÍ.

miércoles, 2 de febrero de 2022

ÁRBORE EUROPEA DO ANO 2022

Como xa sabedes, O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo (Santiago de Compostela) foi elixido como a “Árbore do Ano en España 2022”.

Pois agora xa podemos votalo para escollelo como a “Árbore Europea do Ano 2022”.

Se pinchades na imaxe, entrades na páxina onde podedes votar. Como hai que facelo por dúas árbores, a nosa recomendación é que a segunda sexa unha das que menos votos teña.

O prazo é do 1 ao 28 de febreiro.

Con motivo desta candidatura, o Concello de Santiago de Compostela vai desenvolver unha campaña de repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo de Conxo.

MÁIS LEITUGAS

Hoxe, 2 de febreiro, foron os nenos de Lois os encargados de plantar leitugas no invernadoiro.

Neste ENLACE, podedes ver máis fotos.

martes, 1 de febrero de 2022

CONTINUAMOS PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Algunhas das verduras que plantamos no invernadoiro medraron e xa realizamos o seu sorteo entre o noso alumnado. Como volvemos a ter espazo, imos seguir sementando. 

Esta vez tocoulles aos nenos de Ribadumia B, que puxeron brócoli.

Tedes máis fotos se pinchades AQUÍ.