viernes, 17 de mayo de 2024

DÍA DA RECICLAXE

Hoxe, xoves 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén e o Día da Reciclaxe.

É moi importante ensinar aos nenos, dende pequenos, a xerar menos lixo, separar os residuos e reutilizar reforzando deste xeito os seus valores ecolóxicos e o seu compromiso co medio ambiente. Lembremos que eles van ter no futuro a chave do noso Planeta, por iso debemos educalos para evitar que cometan os mesmos erros que nós e para que logren construír un mundo mellor e máis sostible.

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Historia de una lata” de SM. Nel, este obxecto vai cambiando de forma xa empeza sendo unha lata de tomate, pero despois a usan como pelota, peto, maceta, lapiseiro… E vai cambiando de dono e de lugar, pero sempre acaba sentíndose contenta.

Tamén estivemos falando de Isatou Ceesay, que foi unha muller Africana á que chegaron a chamar “a raíña da reciclaxe”.

Ela, xunto con 4 amigas máis crearon na súa aldea de Gambia un Centro de Reciclaxe. Debido á situación de pobreza na que vivían, non había un sistema de recollida e tratamento dos residuos, polo que as persoas tiraban todo o lixo ao chan ou na parte de atrás das casas. Isto tiña como consecuencia, que moitos animais morrían ao comer os plásticos e, aparecían moscas e mosquitos que producían enfermidades.

Así que decidiron lavar as bolsas de plástico e utilizalas para confeccionar carteiras, bolsos, mochilas…, que despois vendían. Os cartos obtidos, serviron para pagar a escolaridade de nenos que non tiñan recursos económicos.


No CRA de Ribadumia, os nosos nenos tamén reciclan papel, plástico, material orgánico, pilas co noso boneco Piliñas e fan compost coas mondas das froitas e herbas malas que sacamos do noso xardín.






Tamén, as nosas familias, envían cousas que fan nas casas cos nenos reutilizando algúns obxectos no lugar detiralos.

miércoles, 15 de mayo de 2024

CREMA DE PORROS E ENSALADA DE LEITUGA

Irene, a mamá de Ana e Noa, enviounos unhas fotos das súas nenas comendo a crema de porros que prepararon con esta hortaliza que lles tocou.

 Leticia, tamén mandou unha foto da súa filla Aroa e Pablo comendo a leituga que levou para casa.

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!

QUE RECEITAS MÁIS RICAS E NUTRITIVAS!!

viernes, 10 de mayo de 2024

ALEGRÍAS, PETUNIAS E CELOSIAS

 Esta semana estivemos plantando máis flores no xardín.

LEIRO – ALEGRÍAS


Máis fotos AQUÍ.

RIBADUMIA A – PETUNIAS


Neste ENLACE tedes máis fotos.

SISÁN - CELOSIAS

AQUÍ podedes ver máis fotos.

sábado, 4 de mayo de 2024

AS NOSAS FAMILIAS SEGUEN ENVIANDO RECEITAS!!

Patricia, a mamá de Lara, mandounos ao correo a súa nena comendo unha deliciosa crema cos porros que lle tocaron no sorteo das verduras do noso invernadoiro.


MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS E

POR ESTAS SAUDABLES RECEITAS CON VERDURAS!!

MURAL DOS NOSOS BOSQUES

Na aula de natureza levamos tempo preparando, pouco a pouco e entre todos os alumnos, un bosque onde aparezan algúns dos animais e árbores que podemos atopar nos nosos bosques.

Os animais xa os estivemos vendo en vídeos e coñecendo e escribindo os seus nomes. Para debuxalos miramos en internet como facelo de forma fácil, e tamén no libro “Como dibujar animales” de Susaeta. Ademais, temos en marcha un caderno viaxeiro no que as nosas familias están escollendo o seu preferido.

As árbores estivemos vendo como era o seu tronco, folla, froito…, a medida que as iamos poñendo no mural. Decidimos, para lembrarnos desta peculiaridade, poñerlle as follas marróns ou verdes segundo lle caeran no outono ou non (caduca ou perenne).














ESTAMOS MOI CONTENTO DE COMO QUEDOU O MURAL!!

ENCÁNTANOS O NOSO BOSQUE!!

OS NOSOS ALUMNOS SEGUEN LEVANDO VERDURAS!


Xa comezan a estar listos para degustar os porrosacelgas e leitugas.

É unha das hortalizas que máis tarda en medrar e en estar lista para a colleita.