jueves, 27 de septiembre de 2012

AS PLANTAS E AS ÁRBORES.


Outra  das actividades que estamos realizando é a de coñecer algunhas cousas sobre as plantas e árbores como: as súas partes, por onde comen e beben, que coidados necesitan…

Os nenos de 3 anos fixeron unha ficha na que foron poñendo pegatinas de distintos cores na parte da planta que a mestra lles indicaba (flor, folla, raíces).

Cos nenos de 4 e 5 anos traballamos e escribimos os nomes das partes dunha árbore.

OS NOSOS ESPAZOS E RECURSOS…


Esta semana estamos adicándoa a que, os nenos que se escolarizan por primeiro ano noso centro, coñezan os espazos e recursos nos que imos realizar as actividades da aula de natureza. Os alumnos de 4 e 5 anos axúdannos,  durante o percorrido para poder velos, a lembrar que tarefas realizamos en cada un dos espazos (xardín, invernadoiro e biblioteca) e que ferramentas utilizamos (luvas, pas, restrelos…)

Tamén fixemos unha ficha para traballar os nomes de cada un destes recursos.

lunes, 24 de septiembre de 2012

COMEZAN AS ACTIVIDADES DA AULA DE NATUREZA…


A partir de hoxe, luns 22 de setembro, iniciamos as actividades en torno ao xardín dos sentidos.
Un ano máis, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre aprobou o proxecto que presentamos para participar, neste curso 2012-13, na 16ª edición do seu programa medioambiental de Voz Natura. O título que lle puxemos foi:
O MEDIO AMBIENTE DEPENDE DE NÓS !COIDÉMOLO!
Nesta edición, baixo o lema “BUSCA ALTERNATIVAS”, preténdese dar especial protagonismo ás actividades relacionadas coas enerxías sostibles e, concienciar e fomentar o aforro enerxético, o consumo responsable e a utilización de enerxías alternativas.