jueves, 26 de marzo de 2026

CANTAS PLANTAS PARA O XARDÍN!!

 Esta semana, por fin puidemos volver a plantar no xardín.

Mirade todo o que puxemos!!

RIBADUMIA B – TAXETES


A avoa Nieves de Rodrigo, da aula de Ribadumia B, trouxonos á escola unhas pequenas plantas para sementar no xardín chamados chayotes ou patacas do aire.

Como son rubideiras,  tivemos que poñelas preto dunha árbore.

Teñen forma de pera, coa cor entre verde e amarelo, e son moi nutritivos e ricos en fibra e vitamina C. 

O  seu sabor as veces é comparado como unha mestura de pera e cabaciña.

Pódese comer cru, cocido, ao vapor, en caldos ou ao forno.

E hai que plantalos na primavera e realizar a colleta dos froitos no outono.

MOITAS GRAZAS AVOA NIEVES!!

LOIS – SALVIA VERMELLA


RIBADUMIA A– BEGONIAS

    

ESTAMOS DESEXANDO ENCHER O NOSO XARDÍN DE CORES!!

domingo, 22 de marzo de 2026

DÍA DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo, día da auga.

O que pretendemos con esta celebración é que o noso alumnado comprenda que teñen que ser responsables e facer un bo uso dela e non desperdiciala, xa que é moi importante par a vida das persoas, animais e plantas.

Depois de enumerar algunhas das cousas que podemos realizar para non malgastala, lemos dous contos:

-"Alana la bailarina del agua", que é a historia dunha ninfa que nos transporta a un máxico bosque habitado por criaturas amables que teñen que facer fronte á ameaza da contaminación.

-"Lila y el secreto de la lluvia", que lévanos a outra cultura e ensínanos o importante que é a auga en moitos pobos onde este ben escasea.

Para rematar, utilizando carteis onde aparecen persoas facendo distintos usos da auga, clasificámolos segundo estas accións supoñen un aforro ou desperdicio da mesma.


sábado, 21 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques.

As árbores son esenciais para manter a vida na Terra e desempeñan un papel moi importante na loita contra o cambio climático.

Na aula de natureza estivemos falando do valiosas que son xa que axudan a limpar o aire, son refuxio para moitos animais, dan froitas e sombra…

Despois estivemos lendo dous contos:

-"La pequeña bellota", que narra o ciclo de vida do carballo.

-"Árbores no camiño", onde un neno chamado Karim pérdese ao separarse da súa mamá e, rodeado de árbores e animais o seu medo inicial da paso á protección que lle ofrece a nai natureza como un máis dos seus fillos. 

Este amparo ten que ser recíproco, e nós tamén debemos respectalos e preservalos para garantir a súa rexeneración e función ecolóxica a longo prazo.

Despois, para lembrar esta data e a súa importancia, fixemos unha actividade que consistía en que cada nen@ tiña que debuxar unha árbore, plasmando a súa propia percepción da mesma. 

Despois eliximos tres delas, e elaboramos unha chapa para que cada alumn@ puidera levala a casa para lembrar esta conmemoración.




martes, 3 de marzo de 2026

CADERNO VIAXEIRO

O caderno viaxeiro deste curso 2025-26, que leva por título “Creacións con elementos da natureza”, xa está percorrendo os fogares do noso alumnado.

Esta vez, teñen que realizar un colaxe ou manualidade utilizando elementos da natureza como follas, paus, piñas, landras, pedras, flores silvestres, sementes…

O contacto coa natureza para buscar todos estes materiais será unha forma de que aprendan sobre ela, a descubran e se sintan parte da mesma.

Con esta actividade tamén queremos estimular a súa creatividade, observación, paciencia e concentración durante a creación, así como fomentar o xogo.

Para a súa realización imos procurar danar o menos posible o medio ambiente.

Unha vez que teñan a manualidade ou colaxe, nunha das folla deste caderno:

- @ nen@ poñerá o seu nome.

- Escribiran que foi o que fixeron.

- Os materiais que se empregaron.

- No recadro grande pegaran a/as foto/s para que vexamos o realizado.

O día que veñan co caderno, tamén poderán traer o realizado para que ensinarllo aos seus compañeir@s e mestres.

lunes, 2 de marzo de 2026

COMENDO ASA DE CÁNTARO

A familia de Gael mandounos unha foto do seu fillo comendo a asa de cántaro, que lle tocou, con con chorizo e patacas.


 Tamén Lara a comeu con polo, chourizo e patacas