martes, 21 de mayo de 2013

OS NOSO CONTEDORES PARA RECICLAR

En Leiro, onde temos a aula de natureza, fixemos contedores para reciclar utilizando caixas de cartón forradas con plásticos de cores (verde, amarelo e azul).



Os nenos tamén escribiron e colorearon os nomes de cada un deles para poder poñelos: plástico, papel, vidro e orgánico.



E, para non esquecernos, tamén puxemos enriba de cada un cales son as cousas que podemos meter neles.




E AGORA… TODOS A RECICLAR!


IMPORTANCIA DO COMPOSTEIRO

Seguindo co noso proxecto “Coidamos o Medio Ambiente”, estivemos traballando que é un composteiro, para que o utilizamos e que cousas podemos botar nel para facer abonos naturais para as nosas plantas.  

lunes, 6 de mayo de 2013

OS NENOS LEVAN REPOLOS


Xa medraron os repolos que plantamos no invernadoiro e, están listos para que os nenos os poidan levar ás casas para facer riquísimas receitas con eles.
Como coas outras verduras, fixemos o sorteo entre os alumnos das distintas aulas e estes foron os gañadores…





 
 


 
 
 

 
 

OS TOMATES


Mirade como medraron os tomates que plantamos no noso invernadoiro!

E xa teñen flor!