viernes, 23 de diciembre de 2022

BO NADAL!!

Dende a aula de Natureza do CRA de Ribadumia, queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas de Nadal e un Próspero Aninovo 2023. 

viernes, 9 de diciembre de 2022

PLANTAMOS MÁIS VIOLAS

 Os nenos de Sisán plantaron violas no noso xardín.

Non hai moita variedade de plantas con flor de outono, por iso repetimos algunhas.


Podedes ver máis fotos AQUÍ.

miércoles, 7 de diciembre de 2022

sábado, 3 de diciembre de 2022

PRÍMULAS

Esta semana, os nenos das aulas de Ribadumia B, Sisán e Ribadumia A, estiveron plantando prímulas no xardín.


Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.


AQUÍ tedes máis fotos.


Máis fotos neste ENLACE.

viernes, 25 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN A PORTONOVO

O mércores 23 de novembro realizamos unha saída a Portonovo para visitar a lonxa, o mercado e o porto. Recibimos esta invitación por ser un dos colexios participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben.

O obxectivo desta excursión era que os nenos coñeceran o mundo do mar: con que se pesca, como son os peixes e mariscos, que barcos e aparellos se utilizan para pescar, que oficios hai relacionados co mar… 

Os monitores Ana e Aritz ensináronnos moitas cousas!

Os nosos alumnos puideron sentarse onde se fan as poxas de marisco e pescado, e con uns mandos xogaron a  mercalo. 

Estivemos con dúas redeiras, encargadas de arranxar as redes.



Miramos barcos de pesca e aprendemos a que parte deles se lle chama proa e a cal popa, e observamos as nasas (que utilizan para pescar os polbos, as nécoras, os camaróns…) e tamén as redes.



Un pescador tamén ensinounos un polbo que pescou.

No mercado puidemos ver centolas, berberechos, ameixas, bois, mexillóns, peixes sapo, luras, raias, xardas, rapantes…

Aquí tamén agasalláronnos cunhas preciosas bolsiñas!


Para rematar déronlle unhas bolsiñas onde tiñamos para merendar croquetas, un anaco de pizza, un iogur e unha botella de auga.



lunes, 14 de noviembre de 2022

BRÓCOLI

Hoxe os alumnos de Leiro plantaron brócoli.


Máis fotos pinchando neste ENLACE.

Agora xa temos o invernadoiro cheo de verduras, e temos que esperar a que medren para sortealas entre os nenos. Deste xeito, poderán degustalas en familia nas casas.

VIOLAS

Co traballo que nos costou limpar o xardín, estamos tendo días de choiva nos que non podemos plantar e as herbas malas están comezando a medrar de novo.

Pero este venres, 11 de novembro, saíu o sol os nenos de Sisán estiveron plantando viola


AQUÍ tedes máis fotos .

viernes, 11 de noviembre de 2022

MÁIS VERDURAS PARA O NOSO INVERNADOIRO

Como xa botamos compost no invernadoiro, seguimos plantando para enchelo de verduras.

As elixidas foron repolos corazón, porros e asa de cántaro, e os encargados de facelo os nenos das aulas de Leiro, Ribadumia B e Ribadumia A respectivamente.

LEIRO (repolos corazón)


Neste ENLACE tedes máis fotos.

RIBADUMIA B (porros)

Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.

RIBADUMIA A (asa de cántaro)


Máis fotos neste ENLACE.