viernes, 25 de octubre de 2019

DRAGONARIA

Os alumnos de Sisán estiveron plantando dragonarias no xardín. Ademais deste nome ten outros como: antirrino, boca de dragón, boca de león, tarasca e xardín, gallitos…




miércoles, 23 de octubre de 2019

CRISANTEMOS

Os nenos de Lois plantaron crisantemos no xardín.




Máis fotos neste ENLACE.
Pouco a pouco imos enchendo o xardín de plantas, para poñelo máis bonito.

martes, 22 de octubre de 2019

lunes, 21 de octubre de 2019

PLANTAMOS VIOLAS

Despois de quitar as malas herbas do noso xardín, comezamos a plantar para poñelo bonito.
Os primeiros en facelo foron os nenos de Leiro, plantando violas.



Máis fotos neste ENLACE.

viernes, 18 de octubre de 2019

MÁIS LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO

Xa temos o invernadoiro cheo de verduras. 
Os nenos de Sisán foron os últimos en plantar leitugas.



Agora temos que coidalas ata que estean lista para a súa colleita. Despois faremos o seu sorteo entre os nosos alumnos para que poidan preparar con elas, nas súas casas, ricas e saudables receitas.

jueves, 17 de octubre de 2019

REPOLO CORAZÓN DE BOI

Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando repolo corazón de boi ( ou corazón fado) no invernadoiro.



Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.
Soamente faltan os nenos de Sisán, para acabar de encher o noso invernadoiro de verduras.

miércoles, 16 de octubre de 2019

BRÓCOLI

Hoxe, tocoulle plantar brócoli aos nenos de Lois.



Máis fotos neste ENLACE.
Despois estiveron debullando unhas espigas de millo que trouxo Daniel. 



DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, celebramos o Día  Mundial da Alimentación.


Este ano o lema é: “Unha alimentación sa, para un mundo fame cero”.
O fin desta conmemoración é concienciar á poboación sobre o problema da alimentación a nivel mundial e reforzar a loita contra problemas como a pobreza, a desnutrición e a fame. Temos que lograr que as dietas saudables e sostibles sexan máis accesibles a todo o mundo e, tamén temos pensar e  concienciarnos sobre o que comemos. La FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), explica que cada vez dedicamos menos tempo a cociñar no fogar e máis a depender de establecementos de comida rápida, comida para levar… Isto da lugar a que se sigan dietas pouco saudables que, sumadas a os estilos de vida sedentaria, propician un incremento das persoas con sobrepeso e obesidade. 
Na aula de natureza, para celebralo, estamos plantando uns dos alimentos máis beneficiosos para a saúde como son as verduras (leitugas, repolos, brócoli, acelgas…). Despois iniciaremos un proxecto sobre elas, no que traballaremos os seus nomes e a súa clasificación segundo a parte delas que é comestible.

lunes, 14 de octubre de 2019

PLANTANDO LEITUGAS NO INVERNADOIRO

Esta semana, se o tempo o permite, imos plantar verduras no invernadoiro. 
Os primeiros en facelo foron os nenos de Leiro que plantaron leitugas.



Podedes ver máis fotos neste ENLACE.
Unha vez que medren, como todos os cursos, faremos o seu sorteo entre os alumnos do noso centro.

PASTELIÑOS DE ABELÁS

Os nenos da aula de Leiro xa fixeron (no seu taller de cociña dos venres) “pasteliños de abelás”, con estes froitos secos que colleron da abeleira que temos no noso xardín.

viernes, 11 de octubre de 2019

LIMPANDO O XARDÍN E PROBANDO ABELÁS

Os alumnos de Sisán estiveron quitando as malas herbas do invernadoiro, para comezar a plantar verduras e hortalizas.







Despois probaron algunhas abelás, que xa colleran os nenos de Leiro da nosa abeleira.