viernes, 4 de octubre de 2019

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O 4 de outubro celebramos o Día Mundial dos Animais. O principal obxectivo desta conmemoración é eliminar a crueldade contra eles. Actualmente, cerca do 40% de todas as especies do planeta corren perigo de extinción principalmente por causas humanas. Hai que diminuír a caza, o consumo indiscriminado e o comercio ilegal e, temos que concienciarnos de que os animais merecen o mesmo respecto que os seres humanos.
Na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que podemos facer para axudar a protexelos e despois, lemos o conto “A que sabe a Lúa?”. Nel, varios animais que querían probala para ver a que sabía cooperan para alcanzala e despois comparten o anaco que collen.


Para rematar fixemos unha ficha na que escribimos os nomes de todos os animais que aparecen no libro e os coloreamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario