Os
castiñeiros, que temos no xardín que rodea a escola de Leiro, deron castañas e
os nenos de Leiro estiveron recolléndoas. Despois na súa aula fixeron o seu reparto, no que cada neno contou as que lle correspondían.
Como
sobraron déronnolas para repartir entre os rapaces das outras aulas.
Cós
alumnos de Lois, saímos para ver se caeran algunhas máis e conseguimos unhas pouquiñas
que deron para que puideran levar os nenos de Lois e Ribadumia A. Tamén, cada un contou para facer o seu
montonciño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario