martes, 28 de marzo de 2017

COLLENDO LARANXA

Hoxe, os/as nenos/as da aula de Leiro, estiveron collendo as laranxa que tiña a nosa laranxeira. Con elas van facer, na aula, unha receita coa súa mestra Angeles.



Cando suban ao seu blog a entrada coa receita, poñeremos aquí o enlace para que poidades vela e facela nas vosas casas.

miércoles, 22 de marzo de 2017

DÍA DA AUGA



Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Día da Auga.
 Este ano, o lema é "Augas residuais, ¿por qué desperdiciar auga?". 
Con el, o que se pretende é: mellorar a calidade da auga, reducir a contaminación, eliminar os vertidos e minimizar a liberación de produtos químicos e materiais perigosos, reducir á metade a porcentaxe de augas residuais non tratadas e aumentar a reciclaxe e a reutilización segura da auga. 
Todos somos responsables do coidado deste prezado recurso, por iso dende cada fogar podemos contribuír con simples prácticas de consumo eficiente e aforro da auga, para que as futuras xeracións poidan contar con este ben indispensable para a vida. 



 Nós, na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que podemos facer para aforrar auga e, lemos o libro "¿Por qué debo ahorrar agua?". Neste libro, os seus protagonistas, explican o importante que é non malgastar a auga e que podemos facer nos para contribuír ao seu aforro.



Despois fixemos un mural para celebrar este día




martes, 21 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES



Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques
Con este vídeo, as Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, queren celebrar o Día Internacional dos Bosques 2017. 
O motivo desta conmemoración é concienciar á xente, para conseguir aplacar e frear a enorme perda de bosques do Planeta Terra. 
Nós, o que temos que facer, é plantar novas árbores para equilibrar a tala que producen as persoas para facer mobles, casas, e todo o que teña que ver coa madeira.


Para conmemorar este día, na aula de natureza, falamos do importantes que son as árbores e de todos os beneficios que nos aportan. Despois fixemos un mural, no que utilizamos papeis de xornais vellos para facer as follas. Deste xeito, non gastamos folios novos, colaboramos salvando árbores.



viernes, 17 de marzo de 2017

ALEGRÍAS

Hoxe comenzamos a plantar nunha das rodas que trouxo a mestra María. 
Os/as nenos/as xa lle botaran terra, pero hoxe tamén lle mesturamos un pouco de compost da nosa composteira.


Despois os/as alumnos/as de Sisán sementaron alegrías nelas. 






Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

jueves, 16 de marzo de 2017

TAXETES PARA O XARDÍN

Plantamos taxetes no xardín.
Este traballo foi realizado polos nenos/as da aula de Ribadumia A. 




Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

martes, 14 de marzo de 2017

BEGONIAS

Co bo tempo comezamos a plantar, de novo, no noso xardín...
Os encargados de iniciar esta actividade, foron os /as nenos/as da aula de Ribadumia B. 
A planta escollida foi a begonia.






lunes, 13 de marzo de 2017

PLANTAS DE TOMATE

As pequenas plantiñas de tomate, que sementaron en macetas os/as alumnos/as de Leiro, xa medraron.
O seu froito non crece, e está listo para a colleita, ata o verán. Por isto, decidimos que cada neno/a levara a súa planta para a casa e así, poder trasplantala e ter a súa colleita de  deliciosos tomates.



PLANTANDO COGOMBROS

Os/as nenos/as da aula de Leiro, estiveron plantando cogombros no invernadoiro.
 Cando medren, faremos o seu sorteo entre o alumnado do CRA. 





Máis fotos AQUÍ.

miércoles, 8 de marzo de 2017

LEITUGAS PARA O NOSO INVERNADOIRO

Hoxe, mércores 8 de marzo, os/as alumnos/as de Lois estiveron plantando leitugas no invernadoiro. Cando medren, faremos con elas algunha receita no noso taller de cociña.



Podedes ver máis fotos dos/as nenos/as pinchando neste ENLACE.