domingo, 31 de octubre de 2021

BRÓCOLI

Seguimos poñendo máis verduras no noso invernadoiro. 

Esta vez, os encargados de facelo foron os nenos de Ribadumia A que plantaron brócoli.

Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

CICLAMEN

 Os alumnos de Lois, son os primeiros en comezar a plantar no noso xardín.

As flores escollidas foron os ciclamen.

Tedes máis fotos AQUÍ.

martes, 26 de octubre de 2021

MÁIS GUAYABO-FRESA

Como xa maduraron máis guayabo-fresa, os alumnos de Ribadumia B estiveron colléndoos para probalos. 

REPOLOS E LEITUGAS

Os nenos das aulas de Leiro e Ribadumia B son os primeiros en plantar no noso invernadoiro neste curso 2021-22.

As verduras que escollemos foron os repolos e as leitugas.  

LEIRO PLANTANDO REPOLOS

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

RIBADUMIA B PLANTANDO LEITUGAS

Neste ENLACE tedes máis fotos.

sábado, 16 de octubre de 2021

DÍA DA ALIMENTACIÓN

 Hoxe, 16 de outubro, celebramos o día da alimentación.


Con esta conmemoración preténdese que todos sexamos conscientes e loitemos contra a pobreza, a fame e a desnutrición. 

Dende as casas podemos axudar doando comida aos bancos de alimentos e tamén reducindo os desperdicios.

Na aula de natureza, traballamos en torno ao conto “la rebelión de las verduras”. Estas, fartas de nenos que nunca as elixan, se queixen e as menosprecen, deciden reivindicar o seu lugar no mundo e montan unha rebelión no frigorífico.

A través desta historia, pretendemos que os nenos recoñezan a importancia das verduras e hortalizas na nosa dieta e tamén os nomes delas.

viernes, 15 de octubre de 2021

GUAYABO-FRESA

O guayabo-fresa que temos no xardín, xa ten froitos e os nenos estiveron probándoos.

Son de cor vermello por fora e coa polpa branca, e un froito que ten un alto contido en potasio, fibra, vitamina A, C, B3 e B6. Ten un punto ácido que fai que non a todo os nenos lle guste. 

LIMPANDO O XARDÍN

Esta semana, estivemos quitando as malas herbas do xardín. Levounos moito traballo, xa que tiñamos moitas despois de non haber feito limpeza durante todo o verán. 

lunes, 4 de octubre de 2021

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro, conmemoramos o día dos animais.

Esta celebración ten como obxectivo promover os dereitos dos animais e mellorar o seu benestar en todo o Planeta.

Na aula de natureza, falamos das mascotas que teñen na casa e de que temos que protexelas e coidalas. Despois, estivemos lendo dúas historias de “Cuentos cortos de animales en peligro” de Jordi Sierra i Fabra (editorial Bruño). Nel, os protagonistas son animais en perigo de extinción: pingüín, orangután, canguro, tigre, oso, balea, elefante, tartaruga e rinoceronte. Todos eles sofren algunha desgraza que pode solucionarse coa axuda dos demais, primando o respecto e a tolerancia entre todos.

Como os contos que eliximos foron os do elefante e o pingüín, coa axuda do libro “Como dibujar animales” da editorial Susaeta, os nenos aprenderon a debuxalos de forma fácil.

Se queredes ver outros contos deste libro cos vosos fillos, podedes facelo a través deste enlace do “maestro Manu” onde están todos en pdf.