miércoles, 25 de marzo de 2015

PLANTAMOS PATACAS

Os nenos e nenas de Ribadumia B, estiveron plantando patacas no invernadoiro.


 Podedes ver  máis fotos pinchando AQUÍ.

martes, 24 de marzo de 2015

MURAIS DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aquí tedes os murais que realizamos na aula de natureza para conmemorar o día da árbore e da auga.
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Primeiramente estivemos falando do importantes que son as árbores para as persoas e animais e que, entre todos, temos que protexelas e coidalas.
Para a realización do mural utilizamos algúns materias reciclados como:
Papeis de xornais pintadas para o tronco.
Tapóns de plástico para as flores.
Follas que recolleron os nenos no xardín para poñer na árbore.





DÍA DA AUGA
Estivemos conversando sobre o importante que é aforrar auga e como podemos facelo, despois coloreamos algunhas imaxes nas que as persoas están utilizándoa e os nenos segundo consideraran que se estaba facendo ben ou mal foron escribindo:
“Si“ cunha cara alegre, cando se estaba utilizando ben.
“Non“ cunha cara triste, cando a súa utilización non era a adecuadamente. 



jueves, 19 de marzo de 2015

REPOLOS PARA AS CASAS

Algúns dos repolos que plantamos no invernadoiro xa están listos para apañar, polo que estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas…



PLANTAMOS CEBOLAS

Os nenos da aula de Ribadumia B, estiveron plantando cebolas no invernadoiro…
antes de facelo xogamos a adiviñar , cheirando a planta, que era o que iamos sementar…














 Máis fotos pinchando neste ENLACE.

CELEBRAMOS O DÍA DE…

Dende a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos lembrarlle a toda a xente que sigue o noso blog que veñen dúas datas moi importantes…

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
O sábado 21 de marzo conmemoramos o día Internacional dos Bosques.


O que se pretende e concienciar ás persoas da importancia das árbores para a vida, xa que proporcionan moitos beneficios: dan sombra, axúdannos a respirar mellor,  minoran o ruído, dan alimentos a persoas e animais, embelecen os nosos arredores…

DÍA DA AUGA
O domingo 22 de marzo conmemoramos o día da auga.


A auga ten unha función esencial, por iso non debemos malgastala xa que hai moitas poboacións no mundo que sofren problemas relacionados con ela.
É importantísima para a nosa saúde e primordial para a supervivencia das persoas. Podemos sobrevivir semanas sen alimentos, pero só uns días sen auga… 

No colexio estamos preparando dous murais para celebrar estes dous días. 
Cando estean rematados, subirémolos ao blog.

lunes, 16 de marzo de 2015

REMOLACHA E CABACIÑA

Os nenos da aula de Leiro, estiveron plantando no invernadoiro...
                                                              remolachas









e cabaciñas










Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

domingo, 8 de marzo de 2015

XA TEMOS COLLEITA DE BRÓCOLI

Como o brócoli que plantamos no invernadoiro xa estaba listo para recoller, fixemos o seu sorteo entre os nenos das aulas de Sisán e Leiro.
Estes foron os nenos que os levaron para as casas. 







Esperamos que preparen riquísimas receitas con eles.

XA MEDROU O PELO DOS CESPIÑOS…

O pelo dos nosos Cespiños xa medrou, e os nenos xa os están levando para as casas.

lunes, 2 de marzo de 2015

MOUSE DE LIMÓN CON IOGUR

Na aula de natureza, xa comezamos a facer o mouse de limón con iogur…
Collemos os limóns do noso limoeiro, espremémolos, botamos nunha cunca os iogures naturais, incorporamos a leite condensada e o zume dos limóns e batemos todo…






Despois de probar esta deliciosa receita, fixemos unha ficha co fin de lembrar o seu nome e os ingredientes necesarios para a súa realización. 
O número de iogures que utilizamos vai en función do número de nenos de cada aula…