viernes, 21 de febrero de 2014

O CASTIÑEIRO

Outra das árbores que aparece no conto do “Carballo con botas” é o castiñeiro.

Aquí tedes algunhas cousiñas que estamos aprendendo sobre ela…



martes, 18 de febrero de 2014

XOGUETES DO VENTO FEITOS NAS CASAS

Os nenos das distintas aulas, xa levaron ás casas o libriño de Cesar Manrique onde queda recollidos todos os traballos realizados sobre este escultor, arquitecto e pintor orixinario da illa de Lanzarote. Entre a súa obra escultórica, o máis destacado foron os seus “Xoguetes do vento” que podemos ver por toda a illa.

Nos fixemos algúns utilizando materias reciclados, pero o mal tempo aínda non nos permitiu colgalos nas árbores do noso xardín e poder amosarvos fotos deles.
Pero, grazas a que temos familias moi participativas, podemos ensinar o xoguete do vento que fixeron Rita (aula de Leiro) e a súa nai Tamara e do que nos enviaron fotos para poder compartilo connosco.

¡MIRADE QUE BONITO!




Dende o blog de natureza, queremos darlles as grazas e animar ás demais familias a que fagan os seus xoguetes do vento utilizando materiais reciclados e nos envíen fotos a blogdenatureza@gmail.com para poder colgalas no noso blog.


viernes, 14 de febrero de 2014

O CARBALLO

A nosa primeira árbore é a protagonista do conto de Anxo Moure… O carballo.
Vimos que é de folla caduca e que esta pola forma do seu borde é lobulada, que o seu froito son as landras…

Despois tamén estivemos traballando os nomes dalgúns animais que comen este froito.

miércoles, 5 de febrero de 2014

ANXO MOURE...

Na aula de natureza estivemos lendo dous contos de Anxo Moure: “O carballo con botas” e “A xacía Luviñas”. Os dous están feitos con papel reciclado e, cos cartos de cada libro vendido plántase unha árbore autóctona. 


Despois estivemos falando sobre a mensaxe que este escritor intenta transmitirnos a través deles, utilizando sabios consellos como: evitar os incendios forestales, manter limpos de lixo os bosques, praias, ríos…, reciclar….
Isto vai ser o punto de partida para traballar algunhas das árbores autóctonas (os seus nomes,  tipo de folla, froito…) que aparecen no seu conto “O carballo con botas”, tales como: carballo, castiñeiro, bidueiro, buxo, teixo…

sábado, 1 de febrero de 2014

AS FOLLAS…

Esta semana estivemos traballando os nomes dalgunhas follas pola forma do seu contorno.

Isto vai a ser o inicio dun novo proxecto no que imos a traballar algunhas das nosas árbores, tendo como punto de partido o conto de Anxo Moure “O carballo con botas”.
Anxo Moure, atrapacontos e cicliobibliotecario, vai ser o punto de partida deste traballo xa que a súa intención, como a nosa a través da aula de natureza, é a de protexer o medio ambiente. O que fai é atrapar os contos que se escapan dos bosques e gardalos nunha bicicleta, cun carriño dianteiro, para que os nenos e nenas os escoiten, coiden e, sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos que nel habitan.


Os alumnos e mestres do CRA de Ribadumia, queremos dar as grazas a Anxo Moure pola súa aportación ao coidado do medio ambiente.