sábado, 24 de mayo de 2014

FLOTA OU NON FLOTA?

Na aula de natureza, seguindo co noso proxecto sobre a auga fixemos un experimento para comprobar que obxectos flotan e cales non.







Ao mesmo tempo marcaban nun cadro, ao lado de cada obxecto, unha cruz segundo flotara ou non.


Se queredes ver máis fotos AQUÍ.

XA MEDRARON OS COGOMBROS

No noso invernadoiro xa hai cogombros, por iso tamén comezamos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas, para que poidan levalos ás casas é incluílos nas ensaladas.








































miércoles, 21 de mayo de 2014

OS NENOS LEVAN LEITUGAS DO INVERNADOIRO

Xa medraron as leitugas que plantamos no noso invernadoiro, polo que comezamos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas.

Estes son os alumnos que as levaron e que esperamos, que fagan riquísimas ensaladas con elas.













                                                   
                                 
 
 


                                                   














lunes, 19 de mayo de 2014

MÁIS COUSAS SOBRE A AUGA…

Na aula de natureza, seguimos co noso proxecto sobre a auga…
Realizamos dúas novas actividades:
  •   Para que serve a auga. Estivemos traballando para que é necesaria a auga e todas as cousas que poderían pasar se quedaramos sen ela (morrerían os peixes, as plantas…).


  •  Estados da auga. Tamén falamos de todas as formas nas que pode aparecer a auga (sólida, liquida e gaseosa) e onde podemos atopar cada un deles.. 




jueves, 8 de mayo de 2014

MÁIS LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO

Os alumnos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando máis leitugas no invernadoiro… como é unha verdura que medra moi pronto imos ter máis posibilidades, cando chegue o seu sorteo, de que sexan moitos os nenos que poidan levalas para as súas casas e facer con elas ricas ensaladas. 



Máis fotos neste ENLACE.