miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL!

Onte celebramos a festa de Nadal cada aula por separado, xa que debido á pandemia non puidemos facelo todos xuntos.

Nenos e mestres pasámolo moi ben xogando, facendo manualidades, bailando, contando contos…

Tamén, como non, o Apalpador quixo facernos unha visita. Pero como el non podía vir xa que estaba moi atarefado construíndo os xoguetes de madeira para os nenos, mandou a súa muller a Apalpadora que recolleu as cartas dos nenos e agasalloulles con chocolates.

GRAZAS POLA TÚA VISITA E AGASALLOS! 

Agora chegan as vacacións de Nadal e dende o C.R.A de Ribadumia queremos desexarvos unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo e que o 2021 veña cargado de saúde para todos.

Para terminar quero amosarvos dous vídeos preciosos que fixeron as mestras Olalla de Música e Malú de Educación Física e Informática para conmemorar estas datas tan entrañables e cheas de ilusión para os nenos.

domingo, 20 de diciembre de 2020

SORTEO DE VERDURAS!

Algunhas das nosas leitugas xa medraron e están listas para a colleita, por iso estamos realizando o seu sorteo entre os nenos das diferentes aulas.










A nosa intención é que todos os nosos alumnos leven una verdura ou hortaliza. O curso pasado non puido ser así, xa que tivemos que confinarnos nas casas.

PROTECCIÓN CONTRA OS CARACOIS E LESMAS

Na aula de natureza estivemos partindo, en anacos pequenos, cascas de ovos para poñer ao redor das verduras do noso invernadoiro e así, tratar de evitar que os caracois e lesmas coman as súas follas. Para realizar esta tarefa, os nenos puxeron luvas para non pincharse con elas.

Ademais, deste xeito, tamén enriquecemos a terra con calcio e evitaremos que se apodrenten as nosas verduras.


ESPEREMOS QUE FUNCIONE!

AMENEIRO

 Trátase doutra árbore que podemos atopar na Ruta da Pedra e da Auga.

Ten un inimigo que é a agelástica. Trátase dun insecto que tanto de adulto como de larva aliméntase das follas do ameneiro. Os seus ovos son amarelos e as larvas de cor negro. Estas migran ao chan onde entérranse para transformarse nun escaravello de cor azul metálico.

martes, 1 de diciembre de 2020

CINERARIA

Os alumnos de Ribadumia B, estiveron plantando cinerarias no xardín.

Trátase dunha planta que ten flores, con cores moi vivos, semellantes ás margaridas.

Podedes ver máis fotos pinchando neste ENLACE.