sábado, 30 de junio de 2012

ATA SETEMBRO…

Dende a aula de natureza queremos desexarvos a todos que o pasedes moi ben nestas vacacións de verán.

¡ VÉMONOS EN SETEMBRO!

martes, 19 de junio de 2012

AS ÚLTIMAS VERDURAS DESTE CURSO...

Xa está rematando o curso é os nenos están levando as últimas verduras que están listas para a colleita.
É a quenda das LEITUGAS…


lunes, 18 de junio de 2012

TAXETES NO NOSO XARDÍN


Os alumnos da Sisán, estiveron plantando taxetes no xardín.












Ao inicio do vindeiro curso, recolleremos as súas sementes para poder plantalas cando chegue a primavera.
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.


lunes, 4 de junio de 2012

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Mañá, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Este ano, a sede onde se vai celebrar esta data é Río de Xaneiro (Brasil). Co lema: “Economía verde:¿inclúete?” a Organización das Nacións Unidas, ten como obxectivo sensibilizar a través dos temas medioambientais a todo o Planeta, motivando ás persoas para que cooperen e sexan seres activos ante a natureza.
Todos contamos e está nas nosas mans poder ter un futuro máis limpo e verde realizando accións como: organizar unha limpeza do noso barrio e dos bosques do entorno, reciclar, plantar unha árbore, ir camiñando ao traballo, usar a bicicleta…
No C.R.A de Ribadumia elaboramos o noso cartel para conmemorar este día con traballos feitos polos nenos sobre o coidado e protección da biodiversidade.

Durante esta semana, na aula de natureza, lembraremos a importancia desta data e as cousas que nos podemos facer para coidar o medioambiente


PLANTAMOS AMORODOS


Os nenos de Leiro estiveron plantando amorodos no xardín. Como estas froitas son tan sabrosas, estamos desexando que vaian medrando para ver se nos da tempo a preparar algunha receita con elas.










Tedes máis fotos neste ENLACE

XA TEMOS CEBOLAS

As cebolas, que plantamos no xardín, xa medraron e están listas para que os nenos as vaian levando para as súas casas.






O LIMOEIRO XA DEU MÁIS FROITOS

Seguimos sorteando, entre os nenos das diferentes escolas, os limóns que vai dando o noso limoeiro.

COLEOS E SEMENTES DE CABAZA E PRIMAVERA


O xoves, estiveron plantando os nenos de Ribadumia de 4-5 anos…
COLEOS























SEMENTES DE CABAZA


SEMENTES DE PRIMAVERA


Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ

PEMENTOS DE PADRÓN E APIO


Os alumnos de Lois estiveron plantando, no parterre das plantas comestibles, apio e pementos de Padrón.

APIO



PEMENTOS DE PADRÓN




Hai un refrán que di: “coma os pementos de Padrón, uns pican e outros non”.
Para que sexan poucos os que piquen, temos que lembrarnos de regalos moito...


Máis fotos dos nenos de Lois PLANTANDO