domingo, 22 de diciembre de 2019

FELICES FESTAS

Dende a aula de natureza do C.R.A de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade escolar unhas FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO.

viernes, 20 de diciembre de 2019

ÁRBORE DE NADAL REUTILIZANDO MATERIAIS

Na aula de natureza, fixemos unha árbore de Nadal utilizando as macetas nas que viñan as plantas do xardín, folios escritos por unha cara e unha caixa de cartón na que trouxeron material para o colexio.
Para elaboralo:
1. Pintamos con ceras de cores a cara non escrita dos folios.
2. Utilizamos troqueladoras, con diferentes imaxes de troquel, para perforar os papeis que pintamos.
3. Pegamos todas estas formas, que resultaron de troquelar, nas macetas.
4. Pintamos círculos de cartón que pegamos na base de maceta para que ao montar a árbore non sexan moi inestable.






A cada maceta puxémoslle un número por dentro para identificar en que fila, das oito que hai, ten que ir. Así temos varios uns, dous, tres, catro…, para poder acadar unha árbore con forma triangular.
Cando rematamos todo, xogamos a montar a árbore. Para facelo, ia pedíndolles que foran atopando todas as que tiñan primeiramente os uns para facer a primeira fila, despois apilamos enriba as que tiñan o dous..., e así sucesivamente ata chegar a rematala co oito que era a que levaba a estrela.
















FOI MOI DIVERTIDO!

viernes, 6 de diciembre de 2019

SORTEAMOS VERDURAS!

As leitugas que plantamos o 14 e 18 de outubro, xa medraron e están listas para a colleita.
Como todos os cursos, facemos o seu sorteo entre todos os alumnos do C.R.A.
Este, imos procurar que aos nenos non lles toque a mesma que levaron o curso pasado para que sexa outra verdura a que leven da escola.
Como sempre, un neno elixe un dos papeis nos que están todos os nomes dos 
nenos de esa aula. 
E pode pasar, como no caso de Mario de Ribadumia A, que saque o seu propio nome.











 Agora a degustalas en familia!