martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN A TODOS!

Xa remata este curso 2020-21 atípico, no que debido ao Covid-19 non puidemos realizar todas as actividades que faciamos normalmente nas aulas, xuntarnos para levar a cabo as festas de Nadal, Magosto-Samaín, Entroido e Fin de curso, ir de excursión todos xuntos…

Pero grazas ao esforzo e compromiso de familias, nenos e mestres logramos superalo, e estamos seguros de que todos sacaremos unha lectura positiva de todo o acontecido.

Agora e tempo de descansar e por iso, dende a aula de natureza, deséxovos a todos que pasedes un feliz verán en familia.

Tamén quero mandarlles moitos bicos e apertas a Valentina, Aroa, Santiago, Martín Lago, Hugo, Erik, Marta Padín, Clara, Mario, Anás, Alejandro, Carmen, Manuel, Diana, Carla, Juán e Marta Oubiña. Rematades a etapa de Educación Infantil nas nosas escolas e ides comezar a Primaria nun novo centro. Estamos seguros de que ides a pasalo moi ben e que faredes novas amizades no voso novo colexio.

Para rematar esta entrada, quero facelo cun vídeo que presentamos ao concurso de Medio ambiente UHU (a nivel nacional). Aínda que non gañamos, desexo que sexa unha pequena homenaxe a todos os nosos alumnos que desde tan pequeniños xa realizan moitas actividades para coidar a natureza e cultivar alimentos sans.

Moitas grazas profe Olalla por axudarnos a confeccionalo e montalo!

Nel, aparecen os nenos de 5 años explicando algunhas das tarefas que realizamos na aula de natureza.


ADIVIÑAS

 Esta é a última actividade que realizamos na aula de natureza.

Os nenos tiñan nunha folla algunhas froitas, verduras e hortalizas. Tamén en varias metades de folios, estaban escritas as adiviñas de cada unha delas.

Entre todos iamos lendo cada unha e tratando de buscar as respostas coas pistas que nos daban.

Despois a pintaban, recortaban e a pegaban por detrás da folla correspondiente. 

Unha vez que rematamos, fixemos un libriño co que recollelas todas xuntas.

QUEREDES XOGAR TAMÉN CONNOSCO!

Pois a ler e tratar de acertar a resposta!

Para saber se o lograstes, só tedes que pinchar nela e aparecerá a froita, verdura ou hortaliza da que nos fala.







sábado, 19 de junio de 2021

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

A Consellería do Mar dentro do programa “Aliméntate ben”, do que formamos parte un curso máis, organizou a actividade “Ti si que es un bo peixe” para o alumnado dos colexios que participan nel.

Entre o xoves e o venres Uxía (científica do mar) e Roque (peixeiro) foron percorrendo as aulas do CRA de Ribadumia, para ensinarnos moitas cousas relacionadas cos peixes, mariscos e algas.


Así, faláronnos das características, vitaminas, proteínas e minerais que nos proporcionan e  como se pescan a pescada, vieira, percebe, nécora, robaliza, linguado… Tamén coñecemos os argazos (algas), que se xuntan e fan bosques submarinos, e descubrimos como se collen e preparan para que se poidan mercar.





Conectamos con Peix, que o ten no ordenador Uxía e é o asistente virtual que lle axuda a recoller as peculiaridades de cada unha destas especies, para así saber todas as cousas boas que nos proporcionan ao comelos.


Para rematar tivemos o visionado dun vídeo karaoke cunha coreografía que aprenderon previamente os nenos.






TAMÉN TROUXERON AGASALLOS PARA CADA NENO!

martes, 8 de junio de 2021

AS FAMILIAS SEGUEN PERCORRENDO RIBADUMIA

Seguen chegando rutas dos nosos alumnos. A do río Umia,  a da Pedra e da Auga…



A familia de Alicia, nos comentarios, van facéndonos unha descrición moi bonita de cada unha das fotos.

MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR NA PROPOSTA!

ACELGAS PICANTES

Elisabeth, a mamá de Valentina da aula de Ribadumia A, mandounos a receita de “acelgas picantes” que fixo coas que lle tocaron a súa nena no segundo sorteo das verduras e hortalizas do noso invernadoiro que estamos recollendo.

Se queredes realizala na casa, aquí tedes como tedes que facer:

- Sofrito de allo e engadir unhas “guindillas vermellas” que van ser as que lle dean o toque picante.

- Necesitamos ovos “poché”, e Elisabeth para facelos méteos en film transparente e resistente a alta temperatura. Despois deixa cocer 5 minutos.

- Agregamos as acelgas co allo e as “guindillas” e deixamos que se fagan lentamente.

- Cocemos unhas patacas.

- Despois para servir poñemos as patacas cocidas primeiro, despois as acelgas e para rematar os ovos “poché”.

TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMO!

sábado, 5 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

2021 está resultando ser un ano diferente como xa o foi o 2020. A pandemia polo covid-19 fixo que moitos dos problemas medioambientais pasaron a un segundo plano debido a outros máis relevantes. Pero atopámonos con que o propio virus está xerando moitos residuos como son as máscaras, luvas, botes de plástico que conteñen os xeles… Por iso, temos que crear conciencia da necesidade de colaborar entre todos para solucionar a fráxil situación pola que atravesa o noso Planeta.

O lema deste ano é: Reimaxina, recrea, restaura. Por iso, as Nacións Unidas propoñen cambiar a regra das 3 erres, que sempre foi reducir, reciclar e reutilizar, por estas novas tres palabras.

Para conmemorar este día, ademais de falar de todas as cousas que podemos facer para coidar o medio ambiente, tamén estivemos lendo o conto “El viaje de los pingüínos”. Nel, un grupo de 84 destes animaliños deciden vivir noutro lugar, xa que debido ao calentamento da Terra o Polo estase derretendo. Van ao mar pero está contaminado, nos verdes prados hai fabricas, nos bosques hai deforestación… Danse de conta que non hai lugar onde ir, é que a única solución é partir de cero e coidar o Planeta que están a punto de perder para sempre.

Despois fixemos unha actividade para lembrar este día, na que puxemos como o noso lema “Coidemos o Planeta”. Os nenos tamén aprenderon a debuxar de forma fácil un pingüín co libro “Como dibujar animales” de Susaeta.

Lembrade que temos que coidar a Terra onde vivimos de todos os perigos que a ameazan, xa que é a casa de todos.

jueves, 3 de junio de 2021

REVOLTO DE ACELGAS, OVOS E BACON


Mirade que riquísimo revolto de acelgas, ovos e bacon, fixo Sara (a nai de Diana de Ribadumia) con estas verduras que lle tocaron a súa nena no segundo sorteo da colleita do noso invernadoiro.

Para realizalo, primeiramente hai que cocer a verdura cos ovos, despois facer un sofrito co bacon e para finalizar mesturar todo.

TEN  QUE ESTAR DELICIOSO!

martes, 1 de junio de 2021

MARTA COMENDO A SÚA LEITUGA

Patricia, a mamá de Marta de Ribadumia B, mandounos ao correo unha foto da súa filla comendo a leituga que lle tocou no segundo sorteo, das verduras e hortalizas, entre nenos maiores.

Dinos que quedou encantada, xa que lle gusta moito!

QUE BEN MARTA!

BRAVO POR COMER TAN SA!

MÁIS VERDURAS E HORTALIZAS

Acelgas, leitugas, cabaciñas… Como seguimos tendo máis colleita de verduras e hortalizas, estamos facendo o seu sorteo entre os nenos maiores que rematan a etapa de Educación Infantil no noso centro.

Algúns xa a levaron, e colgamos a foto noutra entrada (Marta de Leiro, Alejandro de Lois, Clara de Sisán, Valentina de Ribadumia A e Marta de Ribadumia B).

Aquí tedes aos alumnos que as están levando estes días.