sábado, 5 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

2021 está resultando ser un ano diferente como xa o foi o 2020. A pandemia polo covid-19 fixo que moitos dos problemas medioambientais pasaron a un segundo plano debido a outros máis relevantes. Pero atopámonos con que o propio virus está xerando moitos residuos como son as máscaras, luvas, botes de plástico que conteñen os xeles… Por iso, temos que crear conciencia da necesidade de colaborar entre todos para solucionar a fráxil situación pola que atravesa o noso Planeta.

O lema deste ano é: Reimaxina, recrea, restaura. Por iso, as Nacións Unidas propoñen cambiar a regra das 3 erres, que sempre foi reducir, reciclar e reutilizar, por estas novas tres palabras.

Para conmemorar este día, ademais de falar de todas as cousas que podemos facer para coidar o medio ambiente, tamén estivemos lendo o conto “El viaje de los pingüínos”. Nel, un grupo de 84 destes animaliños deciden vivir noutro lugar, xa que debido ao calentamento da Terra o Polo estase derretendo. Van ao mar pero está contaminado, nos verdes prados hai fabricas, nos bosques hai deforestación… Danse de conta que non hai lugar onde ir, é que a única solución é partir de cero e coidar o Planeta que están a punto de perder para sempre.

Despois fixemos unha actividade para lembrar este día, na que puxemos como o noso lema “Coidemos o Planeta”. Os nenos tamén aprenderon a debuxar de forma fácil un pingüín co libro “Como dibujar animales” de Susaeta.

Lembrade que temos que coidar a Terra onde vivimos de todos os perigos que a ameazan, xa que é a casa de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario