sábado, 28 de abril de 2018

OS MAIOS

Onte, venres 27 de abril, celebramos a festa dos Maios. 
As familias trouxeron fiunchos, flores, ovos baleiros, laranxas..., que 
previamente pedimos a través dunha nota.
Dividimos aos nosos alumnos en tres grupos, que foron rotando por tres talleres 
nos que realizaron as seguintes actividades:

Confección dunha coroa cunha flor.





Cadenetas de flores para adornar o Maio. 






Obradoiro de percusión con material de refugallo por parte de Matracala
Tomando como guía o xogo, exploraron distintos instrumentos de percusión (ademais do propio corpo) e diferentes ritmos.




Mentres que os alumnos facían todas estas actividades, íase montando o Maio. Queremos dar as grazas a Julían (papá de Suevia) por axudarnos a poñerlle o fiuncho e, as mamás de Lucía e Breixo por colaborar connosco para vestilo con flores, ovos, laranxas...



Despois merendamos ricos doces, elaborados polas familias dos nosos nenos.






E para rematar a mañá, familias, mestres e nenos cantamos e bailamos ao redor do noso Maio acompañados do grupo musical Demos da Petaca.






Temos que dar as grazas a ANPA do CRA de Ribadumia, que foron os que trouxeron a 
este grupo de musica tradicional.

sábado, 21 de abril de 2018

ALIMÉNTATE BEN E REFUXIO DE CAMBADOS

O xoves 19 de abril, mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia reunímonos en Leiro para realizar varias actividades:
Un marcapáxinas, cun debuxo dun can, para conmemorar o Día do Libro (23 de abril).


Tamén recibimos a visita de dúas cociñeiras do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Con esta campaña, a Consellería do Medio Rural e do Mar, pretende poñer en releve os múltiples beneficios das conservas de produtos de mar, asi como o seu valor como fonte de enerxía asociada á forza, vitalidade e crecemento.
Elaboraron bocadillos a base de conservas de atún, sardiñas, mexilóns..., combinados con queixo e distintos vexetais (tomate, leituga, millo...). Tamén explicáronnos, todos os valores nutritivos que teñen. Para finalizar agasallaron aos nenos cunha gorra.



Para finalizar a mañá, recibimos a visita de Olga, directora do refuxio de Cambados, que veu con tres canciños para explicarnos: o que fan para protexer aos animais abandonados, que coidados necesitan os animais, cantas veces hai que darlles de comer ao día, a necesidade de sacalos de paseo...Ensinounos como é un microchip e a importancia de que o leven para, en caso de perderse, poder identificar aos seus donos. Vimos con ela o conto "el perro de color melón" e, agasallounos con algúns contos de "Sultán non ten microchip" para a nosa biblioteca. 


Nós pedimos ás familias, a través dunha nota, que todos os que puideran trouxeran este día materiais (colares, correas, produtos de limpeza, periódicos, pensos, latas, antibióticos...) ou cousas para vender no mercadillo e así, axudar ao refuxio de Cambados para continuar co seu labor de rescatar e coidar aos animais abandonados. A resposta foi impresinante, por isto queremos agrader a todos a súa colaboración.


sábado, 14 de abril de 2018

ROLO MAR E TERRA

Estamos realizando un obradoiro de cociña coas distintas aulas, para elaborar a receita “rolo mar e terra”. Para a súa preparación, cada neno está traendo da casa unha rebanda fina de peituga de pavo e o resto de ingredientes que pon o colexio son: tortiña de trigo, queixo de untar, atún e leituga.
Os pasos que seguimos para a súa elaboración foron:
Primeiramente vamos ao noso invernadoiro para coller a leituga.
Despois cada neno lava a súa folla e pártea en anaquiños pequenos.
Untamos a tortiña co queixo e botámoslle enriba, por este orden, o atún ben picadiño, a leituga e a rebanda de peituga de pavo.
A continuación, imos enrolando a tortiña pouco a pouco e para rematar poñémoslle tres palillos, para que non se desfaga, e cortámola en tres anacos. 


Aquí tedes aos nenos de Leiro comendo o seu roliño. 




Mirade como comen o seu roliño.


                                                    
                                                    Unha vez preparado...¡todos a comelo!




                                                      Aquí os tedes comendo o seu rolo.




E aquí están os nenos de Ribadumia A comendo o seu rolo



Despois, escribimos o nome da receita e o dos ingredientes que utilizamos para facela.