sábado, 14 de abril de 2018

DIAN FOSSEY

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto sobre Dian Fossey da colección “Pequeña &Grande” da Editorial Alba. 
Foi unha das grandes mulleres da historia, das que aprender e coa que identificarse. Era tímida e de carácter forte, e estas características da súa personalidade tal vez foron determinantes para que se dedicara de forma absoluta e incondicional a defensa dos gorilas. Os seus estudos cambiaron moito as opinións que se tiñan destes animais, sobre os que existía o prexuízo de que eran violentos e carnívoros. Tamén creou conciencia en contra da súa caza furtiva que estaba acabando con eles. 
Moita xente opina que se non fora pola súa dedicación, hoxe en día estes animais serían unha das especies desaparecidas.
Digit foi o nome que lle puxo a un dos gorilas co que logrou máis comunicación.  A súa conexión foi tan grande, que permitíalle xogar coas súas crías e dáballe a súa propia man. Os cazadores furtivos acabaron matándoo nunha emboscada e, Dian nunca logrou superar a súa morte.
Despois de contar a súa historia estivemos traballando o seu nome e o do seu amigo.


Tamén aprendemos a facer un gorila de forma fácil.




No hay comentarios:

Publicar un comentario