sábado, 21 de abril de 2018

ALIMÉNTATE BEN E REFUXIO DE CAMBADOS

O xoves 19 de abril, mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia reunímonos en Leiro para realizar varias actividades:
Un marcapáxinas, cun debuxo dun can, para conmemorar o Día do Libro (23 de abril).


Tamén recibimos a visita de dúas cociñeiras do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Con esta campaña, a Consellería do Medio Rural e do Mar, pretende poñer en releve os múltiples beneficios das conservas de produtos de mar, asi como o seu valor como fonte de enerxía asociada á forza, vitalidade e crecemento.
Elaboraron bocadillos a base de conservas de atún, sardiñas, mexilóns..., combinados con queixo e distintos vexetais (tomate, leituga, millo...). Tamén explicáronnos, todos os valores nutritivos que teñen. Para finalizar agasallaron aos nenos cunha gorra.



Para finalizar a mañá, recibimos a visita de Olga, directora do refuxio de Cambados, que veu con tres canciños para explicarnos: o que fan para protexer aos animais abandonados, que coidados necesitan os animais, cantas veces hai que darlles de comer ao día, a necesidade de sacalos de paseo...Ensinounos como é un microchip e a importancia de que o leven para, en caso de perderse, poder identificar aos seus donos. Vimos con ela o conto "el perro de color melón" e, agasallounos con algúns contos de "Sultán non ten microchip" para a nosa biblioteca. 


Nós pedimos ás familias, a través dunha nota, que todos os que puideran trouxeran este día materiais (colares, correas, produtos de limpeza, periódicos, pensos, latas, antibióticos...) ou cousas para vender no mercadillo e así, axudar ao refuxio de Cambados para continuar co seu labor de rescatar e coidar aos animais abandonados. A resposta foi impresinante, por isto queremos agrader a todos a súa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario