miércoles, 29 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Mañá, 30 de xaneiro, é o Día da Paz.


Para celebralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos que falan do respecto ao medio ambiente e aos animais que nos rodean.
“A árbore da escola”. Esta historia, conta a relación dun neno e unha árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.


“Olivia y las plumas”. A nena deste conto e especial, xa que ten o don de comunicarse cos animais. Un día uns peixes, que ven que o seu hábitat esta ameazado, pídenlle axuda e ela fará todo o posible por conseguir o que lle piden (que neste caso son plumas). 
Olivia demostra aquí, non só o valor da amizade senón tamén o importante que é crer nas posibilidades dun mesmo e comprobar que a constancia e a paciencia logran que poidamos acadar o que nos propoñemos.



miércoles, 22 de enero de 2020

COMENDO BRÓCOLI

A  Adriana da aula de Ribadumia B tocoulle brócoli ,no sorteo das verduras que 
plantamos no invernadoiro. 
Os seus pais Fernando e María mandáronnos unha foto, de ela e da súa irmá Dana, coméndoo. 


Ademais din que estaba boísimo!
Alegrámonos moito de que os nosos alumnos tomen verduras, xa que aportan moitas vitaminas e minerais, teñen moita fibra e, xunto coas froitas, son fonte de vitamina C.

MOITAS GRAZAS POLA FOTO!

miércoles, 15 de enero de 2020

viernes, 10 de enero de 2020

UNHA NOVA PLANTACIÓN DE LEITUGAS

Os nenos de Lois estiveron plantando leitugas no invernadoiro.


Cando medren, ademais de sortear algunhas, imos facer unha receita con elas na escola.
Tedes máis neste ENLACE.