Mañá,
30 de xaneiro, é o Día da Paz.
Para
celebralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos que falan do
respecto ao medio ambiente e aos animais que nos rodean.
“A árbore da escola”.
Esta historia, conta a relación dun neno e unha árbore que vai medrando grazas
ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu
exemplo.
“Olivia y las plumas”.
A nena deste conto e especial, xa que ten o don de comunicarse cos animais. Un
día uns peixes, que ven que o seu hábitat esta ameazado, pídenlle axuda e ela fará
todo o posible por conseguir o que lle piden (que neste caso son plumas).
Olivia
demostra aquí, non só o valor da amizade senón tamén o importante que é crer
nas posibilidades dun mesmo e comprobar que a constancia e a paciencia logran
que poidamos acadar o que nos propoñemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario