jueves, 25 de abril de 2013

PLANTAMOS SEMENTES PARA COIDAR E VER MEDRAR NAS CASAS

No mes de setembro estivemos recollendo, no xardín, as sementes das plantas que morreran durante o verán para gardalas e poder volver a plantalas cando sexa o seu tempo.
Os alumnos de Lois estiveron plantando unhas destas sementes: o taxete.
Os pasos que seguimos foron:
 
-       Cada neno escribiu nunha tarxeta o seu nome e o da planta.

-       Pegaron a tarxeta nun vaso de plástico ao que tamén lle fixeron pequenos buracos na base.

-       Botaron terra no vaso, despois unhas pouquiñas sementes e terra outra vez.

-       Regaron.
 
 

Cada neno levou a súa maceta para a casa, onde van a ter que regala e coidala ata que medre.
Estamos desexando que nos traian fotos de cómo van crecendo…

As demais fotos podedes velas neste ENLACE.



miércoles, 24 de abril de 2013

BEGONIAS E PETUNIAS


Os nenos de Ribadumia 3-4 estiveron plantando begonias e petunias no parterre do tacto.
¡XA TEMOS OUTRO PARTERRE CHEO DE PLANTAS!
 BEGONIAS
















Máis fotos, dos alumnos plantando, neste ENLACE.

CADA LIXO NO SEU CONTEDOR


Xa estamos co noso proxecto “Coidamos o Medio Ambiente”.
O primeiro que estamos facendo é aprender a reciclar:

 

-       Estiveron pintando cada contedor da súa cor.

-       Recortaron e pegaron dentro de cada un as cousas que se poden meter.

-       Escribiron o nome de cada un (plástico, papel, vidro ou orgánico).

ALEGRÍAS


Para rematar de encher de plantas o noso parterre da vista, os alumnos da aula de Leiro estiveron plantando alegrías.

 
 

Aquí podedes ver máis FOTOS.
 
 

domingo, 21 de abril de 2013

FLORES OLOROSAS

Os nenos de Sisán saíron ao xardín para sementar, no parterre das aromáticas, aliso de mar (tamén chamada canastro de prata, alisum…).
Decidimos plantalas neste parterre xa que as súas flores emanan unha doce fragancia.







 

















Máis fotos AQUÍ.


jueves, 18 de abril de 2013

ENCHENDO DE COR O NOSO XARDÍN DOS SENTIDOS


Continuamos vestindo de cores o noso xardín…

Esta vez, foron os nenos da aula de Ribadumia de 4-5 anos os que estiveron plantando:
TAXETES


                    
VERBENAS




Máis fotos neste ENLACE

miércoles, 17 de abril de 2013

PLANTAMOS NO XARDÍN


 
 
Por fin chegou o bo tempo e, nesta ocasión, foron os alumnos da aula de Lois os encargados de poñer plantiñas de taxetes no parterre da vista (tamén algunhas sementes que gardamos do curso pasado)
 
e de gerbera (tamén chamada margarida africana) no parterrre do tacto.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

miércoles, 10 de abril de 2013

OS NOSOS REPOLOS XA MEDRARON…


Mirade canto medraron os repolos que plantamos cos nenos de Ribadumia de 3-4 anos.

 
Xa queda pouco, para que poidamos realizar o seu sorteo entre todos os alumnos do C.R.A.

jueves, 4 de abril de 2013

SORTEAMOS MÁIS VERDURAS

As primeiras leitugas que plantamos no noso invernadoiro, utilizámolas para facer na escola a receita do “rolo vexetal”. Como xa medraron máis, estamos realizando o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas para que poidan comer nas casas verduras plantadas por eles.