miércoles, 26 de octubre de 2016

PENSAMENTOS

Seguimos enchendo de flores o noso xardín...
Esta vez, foron os/as nenos/as de Lois os encargados de plantar pensamentos. 



Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

lunes, 24 de octubre de 2016

PLANTAMOS SEMENTES DE TOMATE

A finais do curso pasado Carla, unha nena da aula de Leiro, trouxonos sementes de tomate para plantar. Como non era a época de facelo, decidimos gardalas para este curso 2016-17. Hoxe plantámolas en vasos de iogur das merendas, que gardamos para utilizar de pequenas macetas. Primeiramente, fixémoslle buracos na súa base para que cando as reguemos poida saír o exceso de auga, despois botamos terra, algunhas sementes e maís terra ata cubrir o vaso. 






Máis fotos AQUÍ.
Despois, na aula de natureza, escribimos o nome da semente e o do obxecto reciclado onde as plantamos. 


Cando medren transplantarémolas ao invernadoiro. 

GRAZAS A CARLA E A SÚA MAMÁ MARÍA.

sábado, 22 de octubre de 2016

LIMPANDO O XARDÍN

Como temos o xardín cheo de malas herbas de todo o verán, os/as nenos/as de Sisán estiveron quitándoas e botándoas no composteiro para facer abono para as nosas plantas.








LEVAN AS NOSAS PLANTAS

Onte, ao sair ao patio, atopámonos coa mala noticia de que alguén levou do noso xardín un ciclamen. 


Estamos moi tristes e enfadados cós que realizarón esta mala acción.
Os/as alumnos/as e mestra da aula de natureza, levamos moitos anos traballando para coidar e mellorar o xardín do noso colexio. Todo o que realizamos supón un esforzo, pero facémolo con moita ilusión xa que o feito de ver o noso entorno coidado e fermoso compénsao todo. Por iso, dende o noso blog de natureza, pedimos a toda a xente que respecten o noso quefacer e non nós leven plantas nin deterioren 
o que tanto traballo nos custou.

miércoles, 19 de octubre de 2016

martes, 18 de octubre de 2016

CICLAMEN PARA O NOSO XARDÍN

Os/as nenos/as da aula de Ribadumia B son os primeiros, en plantar no xardín 
neste curso 2016-17. A planta escollida é o ciclamen.


Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ
Na aula de natureza, escribimos o seu nome e o do lugar onde as plantamos.

viernes, 14 de octubre de 2016

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

O domingo 16 de outubro é o Día Mundial da Alimentación. 


Este ano o lema é  " O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén". Con el queren destacar, que o maior problema relacionado co cambio climático é a seguridade alimentaria. As persoas máis pobres do mundo (moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores), están sendo os máis afectados por as altas temperaturas e o aumento de desastres relacionados có clima. Ao mesmo tempo a poboación mundial medra de xeito constante. Para cubrir unha demanda tan grande os sistemas 
agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático e 
facerse máis resistentes, produtivos e sostibles. Esta é a única maneira de que poidamos garantir o benestar dos ecosistemas e da poboación rural.

Na aula de natureza, imos aproveitar este día para comezar a traballar cos nenos/as en torno aos alimentos (nomes de froitas, verduras e legumes, importancia de consumilos, cales son bos e malos para a nosa saúde...).


Hoxe tamén mandamos unha nota as familias, para lembrarlles esta data, darlles algúns consellos sobre a alimentación dos seus fillos/as e pedir a súa colaboración para tratar de mellorar os seus hábitos alimentarios.

miércoles, 12 de octubre de 2016

O NOME DA NOSA TARTARUGA

 Unha das nosas tartaguras morreu. Polo que só eliximos un nome de entre todos os que propuxeron os/as alumnos/as.


 Como é macho, estes son os nomes que escolleron.
 E o máis votado foi... BORJA

miércoles, 5 de octubre de 2016

SORTEO MAZÁS

Son moitas as mazás que collemos na nosa maceira. Despois de separar as que necesitamos para a torta, vimo que sobraban algunhas. Como non daba para unha para cada neno/a, fixemos o seu sorteo entre os/as alumnos/as das distintas aulas.

LEIRO

 LOIS


RIBADUMIA B


RIBADUMIA A  

SISÁN

martes, 4 de octubre de 2016

TORTA DE MAZÁ

Esta semana estamos preparando, no taller de cociña da aula de natureza, "torta de mazá" coa froita que recollemos na nosa maceira.


Base de follado, mazás, marmelada de melocotón e azucre son os ingredientes que utilizamos para a súa realización. 
Despois metémola no forno, que mercou a mestra Anxeles para poder facer receitas que necesiten este electrodoméstico para a súa realización.






Cando rematamos, botamos as mondas das mazás no composteiro para facer abono para as nosas plantas.




Despois, na aula, escribimos o nome da receita e o dos seus ingredientes.