miércoles, 25 de febrero de 2015

IMOS FACER UNHA RECEITA…

Como xa dixemos na entrada do 6 de febreiro, imos elaborar unha receita cos limóns do noso limoeiro que xa están listos para apañar.
Temos que dar as grazas a profe Ángeles que foi quen nos deu a idea desta receita, xa que a fixeran no obradoiro de cociña.
Esta semana estivemos facendo as notas para informar as familias do que imos facer, o ingrediente que hai que traer das casas e o día que a realizaremos.
Os nenos de 4 e 5 anos fixeron eles toda a nota.



Os nenos de 3 anos puxeron algunhas palabras da nota.



jueves, 19 de febrero de 2015

CESPIÑO…

Pois a resposta á pregunta, da entrada do luns 9 de febreiro, de que iamos facer con todo aquel material era… CESPIÑOS… bonecos co pelo de céspede…
Para facelos na casa, só tedes que seguir estes pasos:
Nunha media curta, botar sementes de céspede e a continuación terra. Canto máis terra máis grande e gordo será o boneco.
Despois facemos varios nós (para que non saia a terra) e cortamos o que sobra da media.


A continuación, os nenos beliscan a media (collendo terra) para facer o nariz e nós facemos un nó cun anaco de la. Repetimos a mesma operación coas orellas.



Para facer os ollos e a boca utilizamos pintura de dedos (tamén podemos pegar ollos móbiles).



E, para rematar mollamos un pouco a cabeza do boneco (isto tedes que facelo todos os días ata que medre o pelo) e poñémolo nunha maceta de plástico nun lugar con claridade.   
Así quedaron os nosos Cespiños…


Cando medre o pelo, subiremos fotos ao blog.

Se queredes ver máis fotos dos nenos realizando esta actividade, pinchade AQUÍ.



lunes, 16 de febrero de 2015

lunes, 9 de febrero de 2015

ADIVIÑAS QUE É?

Este é o material que necesitar para a actividade que imos realizar esta semana na aula de natureza:
Sementes de céspede, pintura de dedos, unha media curta, terra, 
unha maceta pequena e un vaso de plástico.


Adiviñades que é o que imos facer?

viernes, 6 de febrero de 2015

AUSTRALIA NA NOSA BIBLIOTECA

Seguindo a súa viaxe, Félix xa chegou a Australia…

Na aula de natureza, para ambientar a biblioteca con cousiñas deste país, estivemos realizando os seguintes traballos:
       Mural, no que aparece un dos animais mais representativos. Debaixo, puxemos as fotos dalgúns dos monumentos máis importantes e os nenos escribiron os seus nomes e o das cidades onde podemos atopalos.





          Exposición dalgúns animais de Australia. Tamén estivemos escoitando os sons que emiten.


      Aprender a debuxar de forma sinxela algúns destes animais como: canguro, coala, emu, cacatua…




OS LIMÓNS DO NOSO LIMOEIRO…

Hoxe, os nenos da aula de Leiro, fixeron “orellas“ no taller de cociña. 
Como un dos ingredientes desta receita eran os limóns, saímos ao xardín para coller dous no noso limoeiro.


Como temos moitos limóns, despois do Entroido, imos facer algunha receita con eles na aula de natureza.

miércoles, 4 de febrero de 2015