Como
xa dixemos na entrada do 6 de febreiro, imos elaborar unha receita cos limóns do noso limoeiro que xa están
listos para apañar.
Temos
que dar as grazas a profe Ángeles que foi quen nos deu a idea desta receita, xa
que a fixeran no obradoiro de cociña.
Esta
semana estivemos facendo as notas para informar as familias do que imos facer,
o ingrediente que hai que traer das casas e o día que a realizaremos.
Os nenos de 4 e 5 anos fixeron eles toda a nota.
Os
nenos de 3 anos puxeron algunhas palabras da nota.
Que nenos tan traballadores temos no Cra.
ResponderEliminar