Pois a resposta á pregunta,
da entrada do luns 9 de febreiro, de que iamos facer con todo aquel material
era… CESPIÑOS… bonecos co pelo de céspede…
Para facelos na casa, só
tedes que seguir estes pasos:
Nunha media curta, botar sementes de
céspede e a continuación terra. Canto máis terra máis grande e gordo será o boneco.
Despois facemos varios nós (para que non saia a terra) e cortamos o que
sobra da media.
A continuación, os nenos beliscan a media
(collendo terra) para facer o nariz e nós facemos un nó cun anaco de la.
Repetimos a mesma operación coas orellas.
Para facer os ollos e a boca utilizamos
pintura de dedos (tamén podemos pegar ollos móbiles).
E, para rematar mollamos un pouco a cabeza do boneco (isto tedes que facelo todos os días ata que medre o pelo) e poñémolo nunha maceta de plástico nun lugar con claridade.
Así
quedaron os nosos Cespiños…
Cando
medre o pelo, subiremos fotos ao blog.
Se
queredes ver máis fotos dos nenos realizando esta actividade, pinchade AQUÍ.
Que ben o pasaron facendo a Cespiño, ahora a coidalo para que medre.
ResponderEliminar