lunes, 2 de abril de 2012

O NOSO LIBRIÑO SOBRE A AUGA


A auga é un recurso escaso e pola súa falla miles de nenos e adultos morren cada ano. É por isto, que todos debemos usala de forma responsable para axudar a que outras persoas a poidan ter nas súas vidas.
Na aula de natureza, confeccionamos un libriño a través do que traballamos as cousas que podemos facer para aforrala.

 




Dende o C.R.A de Ribadumia animamos ás familias a que leven á práctica os consellos que, a través deste libriño, suxerimos para que todos xuntos poidamos contribuír a non malgastala.