Mostrando entradas con la etiqueta COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de octubre de 2026

TEMOS NOVO COMPOSTEIRO!!

O Concello de Ribadumia puxo en marcha, este mes de outubro, unha campaña de fomento da compostaxe doméstica coa entrega de cen composteiros, Esta iniciativa, está dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal.

Para poder dispoñer habia que: cubrir unha solicitude online na súa web, usar un código QR ou tamén contactando por teléfono Concello no caso de non dominar as novas tecnoloxías.

Dende o CRA de Ribadumia sumámonos a esta iniciativa, e a directora cubriu a solicitude.

Hoxe viñeron con el a Leiro, xa que é onde realizamos todas as actividades relacionadas co coidado da natureza e medio ambiente.

Decidimos poñelo preto do outro e en contacto coa terra, para facilitar a entrada de microorganismos que van descompoñer o que botemos nel.

A persoa que o trouxo, explicoulles aos/as nen@s para que serve, que podemos meter nel para facer compost e o importante que é, para as verduras e o medio ambiente, o seu uso.

Despois @s alumn@s, seguindo as súas instrucións, colleron follas secas do xardín para facer unha cama con elas na súa parte máis baixa. Esta, vai servir de colchón esponxoso que absorbe a auga sobrante e axuda a respirar aos bichiños do composteiro, xa que se o fondo queda sen aire ou moi mollado, vai acontecer que “os bichiños máxicos” que fabrican a terra afogarán ou enfermarán.



sábado, 24 de octubre de 2026

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

 Hoxe, 24 de outubro, é o Día Internacional Contra o Cambio Climático.

Como para o noso alumnado de Educación Infantil  é un termo complicado de entender, para axudarlles a comprendelo explicámoslle que:

A Terra leva unha capa de aire ao redor que funciona como un unha manta que a mantén quentiña e cómoda para que vivan as plantas, animais e persoas. Pero os coches, fabricas..., lanzan fumes que suben ao ceo, e fan que que a manta se ensucie e sexa cada vez máis gorda. Isto vai provocar que a Terra pase cada vez máis calor e se poña enferma como cando nós temos febre. Como consecuencia disto, o xeo dos polos derretese e o tempo esta revolto pasando, no mesmo día, de sol a choiva e frío, tendo tormentas, sarabiadas, inundacións…

Para evitar isto podemos utilizar menos o coche e desprazarnos andando, en bicicleta, autobús, tren…

Accións como ducharse no lugar de bañarse, utilizar menos a calefacción, cerrar a billa cando cepillamos os dentes, non utilizar tantos plásticos, tirar o lixo nos contedores e non no chan…, poden axudar a evitar o cambio climático.

Despois estivemos lendo o conto "La tortuguita y el mar" de Becky Davies (editorial Bruño), no que a protagonista é unha tartaruga á que lle encanta o lugar onde vive, que é un precioso mar cheo de vivos cores e marabillosas sorpresas. Pero un día, este mar, ponse escuro, feo e triste e ela e os demais animais que alí viven comezan a correr perigo. Logrará librarse do plástico e a contaminación que invade o seu fogar?


Despois Tamén vimos o vídeo de Happy Learning "Animales en peligro de extinción", que explica cales son as causas de que algunhas especies estean desaparecendo: a destrución dos lugares onde viven, a contaminación e o lixo que tiramos ao chan e ao mar (moitos comen os plásticos pensando que son alimento), a súa caza ilegal...



O PLANETA É DE TODOS…

COIDÉMOLO!!

jueves, 15 de octubre de 2026

QUITANDO MALAS HERBAS NO XARDÍN

Estos días tamén comezamos a quitar as malas herbas do xardín.

RIBADUMIA A

SISÁN


LOIS


Durante o verán medraron moitas, e temos moito traballo para poder sacalas todas e empezar a plantar flores de cores.

PLANTANDO UN LIMOEIRO

A mamá de Alma da escola de Sisán, enviounos ao correo electrónico un collage con fotos da súa filla plantando un limoeiro.

Todas as árbores son moi importantes xa que a través das súas follas fan maxia: tragan o aire que nós non podemos usar por estar contaminado e sucio, e o transforman en osíxeno limpo que necesitamos para vivir.

Ademais son a casiña de moitos animais, dan sombra e froitas...    

QUE GRAN TESOURO NATURAL TEMOS CON ELAS!!

Alma, estou moi orgullosa de ver como coidas

o medio ambiente!!

viernes, 5 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

Na aula de natureza, para celebrar esta data, estivemos realizando as seguintes actividades:

-Miramos o vídeo de Happy Learning “La deforestación: maneras de cuidar del Medio Ambiente”. 

A través del descubrirán que é a deforestación, aprenderán o importante que é protexer os nosos bosques…E tamén, que podemos facer para axudar.

-Limos o conto “Que teñen que ver as vacas co cambio climático?” de Marián Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo (Hércules de ediciones). Nel, as autoras explícannos como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Pero ademais de falarnos das consecuencias do fenómeno, tamén dannos instrucións sobre como activar o Superpoder (que temos todas as persoas que consumimos) para frear o cambio climático. 

-Limpamos o noso xardín e despois plantamos flores. Estas son unhas actividades que non só melloran o entorno inmediato, senón que ademais transforman  a mentalidade do noso alumnado a longo prazo.

Os beneficios ambientais de estas dúas actividades son:

Reducir a contaminación. Xa que retirar lixo, evita que algúns desfeitos danen o chan.

Purificar o aire. As novas plantas absorben dióxido de carbono e liberan osíxeno.

Protexer o chan. As raíces das plantas suxeitan a terra e evitan erosións provocadas pola choiva.

Fomentar a biodiversidade. As flores atraen a insectos que polinizan como as abellas e bolboretas.

 

 


domingo, 17 de mayo de 2026

DÍA DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio, é o Día da Reciclaxe.

Para celebralo, na aula de natureza estivemos realizando as seguintes actividades:

-Visionado de “Reducir, Reutilizar y Reciclar. Para mejorar el mundo” de Happy Learning. Nel explícannos o significado de cada unha destas palabras, e o importante que son as tres para acadar un Planeta máis limpo, menos contaminado e onde todos podamos vivir mellor.



-Lectura do conto “Capitán Verdemán: Superhéroe del reciclaje” de Ellie Bethel (editorial Juventud).  Que conta, como unha cidade está afogando nos montóns de lixo pola pereza e o malgastar dos seus habitantes. Pero chegará o capitán Verdemán para rescatala e demostrar que a reciclaxe e divertida.


Nós, na aula de natureza, xa temos dous superheroes debuxados polos nen@s e elixidos polas mestras.

Tamén dispoñemos de: 

-Contedores para reciclar papel, plástico e material orgánico.


- Composteiro para facer abono rico en nutrientes coas mondas das merendas e herbas malas de limpar o xardín . 





-Un boneco chamado Piliñas para reciclar as pilas. 


miércoles, 6 de mayo de 2026

CONCURSO ESCOLAR “A VIAXE DE GOTIÑA”

Este curso presentámonos, a mestra Ángeles de Leiro, Marta de Ribadumia B e Ana de Sisán e aula de natureza, ao concurso escolar da Deputación de Pontevedra “A viaxe de Gotiña” na categoría de Educación Infantil. O que pretendía era sensibilizar aos/as nen@s, sobre a importancia de manter e conservar as traídas de auga veciñais que existen nas zonas rurais da provincia, así como para que coñezan o desenvolvemento do ciclo da auga nestas zonas, dende o manancial ata as casas.

Ademais tamén ten como finalidade concienciar do importante que é facer un consumo responsable da auga.

Co noso mural, ao que puxemos por título "Gotiña e o tesouro da traída veciñal", pretendiamos reflectir como chega a auga as casas e os posibles atrancos que pode haber no camiño que poden provocar que non chegue ou o faga en mal estado.

Para poñer as utilidades da auga nas casas, utilizamos pictogramas por ser unha ferramenta de accesibilidade cognitiva que beneficia a todos. Ao ser representacións visuais claras eliminan as barreiras da linguaxe e facilitan a comprensión.

Debuxando, pintando e escribindo logramos, entre tod@s, realizar un bonito e educativo mural.
















Estamos moi content@s xa que o CRA de Ribadumia foi... 

O GAÑADOR NA CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL!!

Para darnos o premio veu a Sisán Javier Touris, deputado provincial da Deputación de Pontevedra. Nesta entrega tamén contamos co apoio do Alcalde de Ribadumia David Castro e membros do Concello.