miércoles, 21 de febrero de 2018

MÁIS PRÍMULAS PARA O XARDÍN

Os alumnos de Lois plantaron no xardín máis prímulas. Tamén se chaman
 primaveras ou primaveras de xardín por ser as primeiras en florecer. 


Se queredes ver máis fotos dos nenos pinchade AQUÍ.

MARGARIDA DOS PRADOS

Os alumnos de Ribadumia B estiveron plantando no xardín unha planta que ten 
moitos nomes e na que as súas flores teñen forma de botón. Podemos chamala 
bellis, margarida dos prados, bellorita, margarida menor ou chirivita. 


Máis fotos neste ENLACE.

lunes, 19 de febrero de 2018

PLANTANDO NAS NOSAS RODAS RECICLADAS

Hoxe, os nenos da aula de Leiro, estiveron plantando nas rodas recicladas que temos no noso xardín. As plantas seleccionadas foron a campanula e a cineraria.

CAMPANULAS


                                                                                 CINERARIAS

Podedes ver máis fotos AQUÍ.

viernes, 16 de febrero de 2018

domingo, 11 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

O venres, 9 de febreiro, celebramos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia.
Durante a primeira parte da mañá, os nosos alumnos foron rotando por diferentes obradoiros. 
Como este curso volvemos a participar no Plan Proxecta Aliméntate ben ( proposto pola Consellería do Mar), recibimos a visita da cociñeira Mariña e o pescador Luis que, coa axuda de "Os Arroases", son os encargados de facer chegar aos rapaces a mensaxe de que hai que comer máis pescado. Ademais de contarnos todos os seus beneficios para a nosa saúde, faláronnos da importancia de coidar o mar
 xa que cada vez hai máis lixo e menos peixes. Despois os alumnos dividíronse en dous grupos e xogaron co mariñeiro Luís a construír a pirámide de alimentos e coa cociñeira Mariña a reciclar o lixo do mar botándoo nos diferentes contedores.



 Pintaron e recortaron un anteface para levar ás casas.


- As mestras contaron contos relacionados co Entroido. 


Despois merendaron orellas, filloas, flores..., moitos doces típicos do Entroido preparados polas familias. 


Para rematar a mañá, cada aula disfrazouse de seres mitolóxicos. 
Trasnos, tronantes, gregos, neptuno, desfilaron percorrendo os arredores do Auditorio.


miércoles, 7 de febrero de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con esta conmemoración o que se pretende é, axudar a facer visíbel o traballo das científicas, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e da enxeñería e que se promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico. 


Para sumarnos a esta celebración no colexio tivemos varios obradoiros, dous de eles, con científicas do CSIC: Luisa, científica do Instituto de Investigacións Mariñas e Nieves, científica do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia. 
Durante a mañá, os grupos de alumnos foron rotando por catro talleres: do mar, das árbores, presentación de Pequetún e confección de taumatropo de peixe disfrazado.
 Luisa, a científica do mar, contounos un conto sobre as ondas do mar, ensinounos moitos tipos de cunchas, algas, esponxas e patacas de mar, area de distinto grosor, ovos de quenlla e lixo que as persoas botan ao mar e provocan a morte dos animais e demais especies mariñas. 


Nieves, a científica das árbores, falounos do importantes que son as árbores, xa que nos dan sombra, axudan a que respiremos mellor, dan froitos... Amosounos algunhas especies de árbores cultivadas in vitro. Díxonos que para o cultivo das mesmas, utilízase o "agar" que é unha sustancia xelatinosa de orixe mariño que axuda a mantelos a unha temperatura estable e adecuada para a súa incubación. Ensinounos algúns froitos que nos dan. E, para finalizar o taller os nenos utilizaron follas secas as que lle pintaron unha cara alegre, para deste xeito representar o felices que están as árbores cando as coidamos. 


Como xa está moi preto o Entroido, tamén fixemos un Taumatropo dun peixe e o seu disfrace. Os alumnos, pintaron as imaxes, recortáronas e as mestras pegámolas nun pauciño de pincho moruno. Ao facer xirar o pau, vemos ao peixe disfrazado. 


Tamén viñeron dúas mulleres da conserveira Cermar de Cambados, para presentarnos un novo produto (Pequetún), co que queren fomentar o consumo de atún entre os nenos. Ensináronnos, a través dunha secuenciación de imaxes, como se pesca e se envasa o atún. E, para finalizar, fixemos nun caderno algunhas actividades relacionadas coas conservas, peixes... Tamén agasallaron aos nosos alumnos con dúas latas de Pequetún para que poidan probalo nas casas.



 Podedes ver máis fotos nos blogs do C.R.A de Ribadumia, Ribadumia B, Sisán,  Ribadumia A e Leiro.

martes, 6 de febrero de 2018

TORTILLA DE ACELGAS

Francisco e Patricia, o pai e a nai de Alba de Ribadumia b, mandaron ao correo a riquísima tortilla que fixeron coas acelgas que lle tocaron no sorteo das nosas verduras do invernadoiro. Xa sabemos que lles gustaron moito.

Anímamos as familias a que manden ao noso correo blogdenatureza@gmail.com., fotos coas receitas que fan coas verduras e hortalizas que levan os seus fillos. Tamén podedes mándalas cos nenos coméndoas.