martes, 18 de junio de 2013

AS CEBOLAS DO NOSO XARDÍN

Xa medraron as cebolas que plantamos no noso xardín e, fixemos o seu sorteo entre os nenos da aula de Ribadumia de 3-4 anos.
Aquí os tedes!



miércoles, 5 de junio de 2013

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio ambiente. Na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que podemos facer para coidalo (reciclar, non tirar o lixo polo chan, non cortar árbores, non contaminar…). Despois, os nenos, estiveron facendo debuxos para animar ás persoas a protexelo.







lunes, 3 de junio de 2013

NON CONTAMINAMOS

Para rematar o proxecto “Coidamos o Medio Ambiente”, estivemos falando da contaminación e de cómo podemos evitar producir fumes e ruídos.
A continuación, realizamos unha ficha na que primeiramente observamos as accións que aparecían non debuxos e  de cales consideraban eles que están ben e mal feitas. Despois, foron buscando as palabras que ia dicindo a mestra, coloreándoas da cor  indicada e uníndoas co debuxo que lle correspondía.