jueves, 18 de abril de 2024

PLANTANDO SEMENTES

Na aula de natureza estamos plantando sementes de plantas con flor, utilizando como macetas vasos de plástico e cartón reciclados.

Os nosos alumnos están observando que non todas as sementes son iguais, xa que hainas redondas, alargadas, pequenas, grandes…, e tamén con distintas tonalidades.

RIBADUMIA B -  BEGONIAS E SEMPREVIVA


LOIS - CAPUCHINAS

                                         
                                        SISÁN - XABONEIRAS DA MANCHA

LEIRO - PETUNIAS

RIBADUMIA A - MARGARIDAS

ESTAMOS DESEXANDO VER COMO NACEN E MEDRAN AS PLANTAS!!

domingo, 14 de abril de 2024

XA TEMOS ANIMAIS FAVORITOS NOS NOSOS CADERNOS VIAXEIROS!!

As nosas familias xa están elixindo aos seus animais favoritos dos nosos bosques e montes, a través dos nosos cadernos viaxeiros. 

Tamén, grazas a elas, estamos coñecendo algunhas curiosidades ou peculiaridades deles…
















E MIRADE QUE DEBUXOS FAN OS NOSOS ALUMNOS DESTES ANIMAIS!!

QUE BEN DEBUXAN!!

MOITAS GRAZAS AS NOSAS FAMILIAS POR PARTICIPAR NESTA PROPOSTA!!

sábado, 13 de abril de 2024

PRESERVAMOS O ECOSISTEMA PLANTANDO ÁRBORES

Onte, venres 12 de abril, realizamos unha saída á Comunidade de montes de Baroña (Porto do Son) invitados por eles e a Universidade de Vigo dentro do Proxecto Multiforest. Esta actividade puidemos realizala grazas a Xana, a mamá dun dos nosos alumnos, que traballa na Universidade de Vigo na escola de Enxeñaría Forestal.

Unha vez que chegamos alí, estivemos falando do importantes que son as árbores e de todos os beneficios que nos proporcionan: limpan o aire, dan sombra e froitos, son a casiña de moitos animaliños…

Despois plantamos castiñeiros, cerdeiras e freixos. 


Para realizar esta tarefa un neno suxeitaba a  árbore e os outros ían cubríndoa coa terra. 

Tamén lle puxemos algún abono para favorecer o seu crecemento, reforzar as raíces e proporcionar maior resistencia contra as pragas e enfermidades.

Entre todos os nenos do CRA de Ribadumia…

PLANTAMOS MOITÍSIMAS!!

Nesta Comunidade de Montes, tamén teñen ovellas e vacas que van comendo a herba e deste xeito contribúen a evitar os incendios.

Despois de tanto traballar, merendamos para repoñer forzas...


Antes de marchar déronlle aos nenos e mestres agasallos: unha bolsa, libreta, caderno de actividades “descubrindo a madeira”e un lapis e unha buxaina de madeira.


 Ademais tamén uns xogos de cartas de IMAXINA, para as aulas, no que hai que enlazar imaxes a través da madeira sostible.

QUE BEN O PASAMOS CONTRIBUÍNDO A COIDAR O NOSO MEDIO AMBIENTE!!

MOITAS GRAZAS Á COMUNIDADE DE MONTES DE BAROÑA E SOBRE TODO A XANA, POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE REALIZAR ESTA ACTIVIDADE!!

viernes, 5 de abril de 2024

LEITUGAS, ASA DE CÁNTARO E PORROS

Como fixemos o sorteo da mayoría das verduras do noso invernadoiro, xat emos espazo para seguir plantando. Por iso, puxemos leitugas, asa de cántaro e porros.

LOIS – LEITUGAS


                                                               AQUÍ máis nenos plantando.

RIBADUMIA B – PORROS



                                                             Neste ENLACE tedes máis fotos.

RIBADUMIA A – LEITUGAS


Máis fotos pinchando AQUÍ.

SISÁN – ASA DE CÁNTARO


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.