lunes, 27 de junio de 2022

FELIZ VERÁN!

Finaliza este curso 2021-22, e dende a aula de natureza queremos desexarvos unhas boas vacacións de verán a todos.

A Yago, Lara, Brais, Izan, Aroa, Carmen Blanco, Martina, Xulia González, Alba, Carmen Barcala, Alicia, Adriana, Mateo, Alexandre, Xulia Otero e Martín, que rematan a etapa de Educación Infantil e van para Primaria, mandarlles moitos bicos e apertas e desexarlles que fagan moitos novos amigos e que todo lles vaia moi ben.

QUEREMOS QUE VEÑADES A VISITARNOS PARA CONTARNOS TODAS AS COUSAS QUE FACEDES NO NOVO COLEXIO!!

martes, 21 de junio de 2022

A GRANXA DA AVOA NEVES TEN MÁIS ANIMALIÑOS

Lorena, a mamá de Martín de Ribadumia B, enviounos un correo para informarnos dunha boa nova:  unha ovella da granxa da avoa Neves tivo 4 años.

Martín axudoulles aos años dende o primeiro momento, xa que lle encantan os animais. Vai ir observándoos por se algún necesita biberón, xa que darllo é o que máis desexa.

Aquí tedes tamén un vídeo de Martín coa mamá ovella e os seus años.


MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO ESTA BOA NOVA!!

ENCÁNTANOS VER A MARTÍN COIDANDO OS ANIMAIS!!

lunes, 20 de junio de 2022

XOGAMOS COA PATRULLA MEDIOAMBIENTAL!

É un xogo moi similar ao da oca, pero con patrulleiros medioambientais que son nenos que estaban no noso colexio cando o fixemos.

As fotos que aparecen son de actividades que realizamos na aula de natureza, e as regras acordámolas entre a mestra e os nenos que nese momento estaban no noso centro.




QUE BEN O PASAMOS!!

QUE RICAS VERDURAS!

Irene, a mamá de Noa e Ana de Leiro, mandounos unhas fotos das súas nenas comendo as verduras que lles tocaron no sorteo que facemos coas que cultivamos no noso invernadoiro.

LEITUGA


BRÓCOLI


ACELGAS


MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!

QUE SANS E APETITOSAS SON ESTAS RECEITAS!!

sábado, 11 de junio de 2022

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O venres 10 de xuño, grazas ao ANPA do CRA de Ribadumia, tivemos un obradoiro de alimentación saudable. A finalidade era que os nenos, dentro da variedade de alimentos, tiveran a capacidade elixir probando para desenvolver o seu propio gusto.

Laura foi a encargada deste taller, no que os nosos alumnos pasárono moi ben e comeron sa.

Primeiramente cada neno colleu unha verdura ou hortaliza, para a continuación ir dicindo os seus nomes. Tamén estiveron enumerando algúns alimentos saudables.

Despois, antes de metelas nun cubo con auga, intentaron adiviñar se ían flotar ou afundir.

Para rematar, cada alumno preparou unha tosta. Os ingredientes que tiñan para facelo eran: pan, crema de cacahuete, mazá, plátano, sementes, queixo  en crema… Tamén había un iogur para cada un, que algúns tomaron e outros levaron para as casas.






Laura trouxo tamén para cada neno unhas follas onde poden ver as froitas e hortalizas do mes de agosto, que alimentos deben ir nun prato nutritivo e opcións para facer tostas saudables.


miércoles, 8 de junio de 2022

DEBULLANDO CHÍCHAROS

Lorena, enviounos unhas fotos do seu fillo Martín (da aula de Ribadumia B) debullando uns chícharos que recolleu da súa horta a avoa Nieves.


QUE BEN DEBULLA MARTÍN!

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO AS FOTOS!

UN RICO E SAUDABLE RATO

Rocio, a mamá de Yago de Lois, mandounos unhas fotos da receita saudable que fixeron. Trátase dun rato, para o que se utilizaron os seguintes ingredientes: pataca, arroz, cenoria, chícharos e espaguetes para os bigotes.


QUE RICO TEN QUE ESTAR ESTE RATO!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!

domingo, 5 de junio de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño de 2022, celebramos o día do Medio Ambiente.

Este ano o lema é “Unha soa Terra”, con el preténdese concienciar ás persoas sobre tres crisis:

- O rápido quentamento do clima, que complica que persoas e natureza se adapten.

- A perdida de habitat, que fai que existan 1 millón de especies en perigo de extinción.

- A contaminación, que continua envelenando o noso aire, terra e auga.  

Na aula de natureza, para conmemoralo estivemos lendo dous contos:

“Rana de 3 ojos” de Olga de Dios, que fala sobre o importante que é buscar solucións entre todos. Nel, unha ra que medra nun lugar contaminado decide loitar para cambiar as cousas.

Se pinchades no conto o tedes en pdf. 

“Dina está que trina” de Aurora Iñigo, que traballa o cambio climático, a deforestación e o problema dos plásticos no mar e, propón unha serie de cousas que podemos facer para tratar de palialo entre todos. Nesta historia Dina que e unha andoriña e a súa amiga, unha nena que se chama Lola, trataran de buscar solucións.


Nesta ficha, buscamos aos protagonistas do conto.