martes, 9 de junio de 2020

HERBAS DE SAN XOÁN

Hai unha tradición en Galicia, que é a de recoller na tarde e na noite de San Xoán (do 23 ao 24 de xuño) diferentes herbas e flores, despois botalas en auga e deixalas aí ao sereno para que collan o orballo desa noite. Pola mañá hai que lavarse a cara con esa auga, xa que se considera que ten propiedades menciñeiras, máxicas e cosméticas, para purificar a pel.
Estas 7 herbas son: fiúncho, fento macho, herba Luisa, malva, codeso, herba de San Xoán e romeu. Pero tamén hai outras, dependendo da zona de Galicia,  como o sabugueiro, estraloque, tomiño, ourego… 
Aquí tedes algunhas delas.


Dende o blog de natureza queremos propoñervos recuperar esta tradición, e como hai que recoller plantas tamén podemos aproveitar para facer un herbario. Isto vai permitir coñecer mellor todas estas plantas que temos no noso entorno, e tamén familiarizarnos coas diferentes formas, cores, texturas e olores que teñen.
Esta tarefa implica a súa busca, recolección, prensado, secado e montaxe. Primeiramente sairemos a recollelas e despois temos que identificalas. Aquí tede algunhas guías:


Para secalas e prensalas cada unha colocarémola entre follas de xornal e, seria interesante poñer xunto a ela un papeliño co seu nome para non esquecernos.

Apiñaremos unhas sobre outras e colocaremos enriba algo pesado, como varios libros, que farán a función de prensado. Deixarémolas así como unha semana aproximadamente.
Despois colocaremos cada unha nunha folla ou cartolina, fixarémola con cinta adhesiva e enriba ou debaixo escribiremos o seu nome.
Para montar o herbario, propóñovos dúas opcións:
  • Meter cada unha nunha funda plástica e todas xuntas nun arquivador.
  • Facer unha portada con cartolina na que poñeremos a palabra herbario e de contraportada outra cartolina. Despois cunha perforadora faremos dous buracos a cada folla e uniremos todas con la de cores para rematar o noso libriño de herbas.
Outra cousa que podedes realizar e recoller ditos populares galegos sobre as plantas. Para facer esta actividade podemos recorrer aos nosos avós, que estou segura que saben moitos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario